Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.055

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se declara de interese galego a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo.

Con data do 27 de maio de 1997, publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 14 de maio de 1997, pola que se clasifica como de interese industrial a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo, adscribíndose á Consellería de Industria e Comercio, que terá que exerce-lo protectorado plenamente sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto e finalidade afectar un patrimonio á realización, sen ánimo de lucro, de fins xerais de interese galego no ámbito sectorial e territorial a que a súa denominación e fins se contraen.

Por todo isto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1º. Declarar de interese galego a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2º. Ordena-la inscrición da Fundación Cel-Iniciativas por Lugo na sección do Rexistro de Fundacións da Consellería de Industria e Comercio para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983,

do 22 de xuño, do réxime das fundacións de interese galego, modificado pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

4746