Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de explotación da mina denominada Serrabal, número 6073, da provincia da Coruña, así como do proxecto de entulleira de finos e nova balsa de decantación.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación da mina denominada Serrabal nº 6073, así como do proxecto de entulleira de finos e nova balsa de decantación, situada en terreos dos concellos de Vedra e Boqueixón, provincia da Coruña, e solicitado por Explotación de Rocas Industriales y Minerales (ERIMSA).

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4473