Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/301 R.C.I. 15692).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude da empresa Extrusión y Lacados Benavente, S.A. (Exlabesa) con domicilio no Polígono F. Quinta, Picaraña, Padrón (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que se citan.

O anteproxecto presentado prevé unha planta de coxeración cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 6.384 kWE.

-Sete motores de combustión interna alternativos que funcionan con gasóleo ou gas e unha potencia bruta de 950 kWM cada un.

-Sete xeradores síncronos trifásicos, de 1.320 kW cada un, tensión de xeración de 400 V, factor de potencia de 0,8.

-Un centro de transformación 15-20/04 kV con dous transformadores de 3.000 kVA, tipo interior, para conexión dos grupos de coxeración a rede.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento aproximado do investimento para a planta: 421.900.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de maio de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4171