Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no ensanche A, no concello de Ferrol (A Coruña) e unha máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no ensanche A, no Concello de Ferrol (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e nove millóns cento vintecinco mil trescentas trinta e sete pesetas (79.125.337 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría d.

3. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo en Urdilde, concello de Rois (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e sete millóns trescentas cincuenta e catro mil cento trinta e catro pesetas. (67.354.134 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos, categoría d.

4. Outros requisitos.

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2.e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Garantía provisional.

Prestarase en calquera das formas admisibles, polo importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida quedan eximidos de presta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

6. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

8. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da

Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

4506