Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.019

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (46/1997).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 46/1997, que se segue por danos, por medio da presente cédula, cítase a María del Carmen Piñeiro Figueiras, en calidade de denunciada, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día un de xullo de 1997, ás 12.30 horas compareza na sala de audencias número tres, que lle corresponde a esta xulgado, situada na primeira planta do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, rúa Viena, nº 1-3, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode acudir asistida de avogado, e advertíndoa de que debe comparecer cos medios de proba dos que tente valerse e que se non o verifica recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1997.

O secretario

Rubricado

4859