Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997 pola que se modifica a do 9 de xaneiro de 1997 (BOE do 8 de febreiro), pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido erro material na resolución desta universidade, do 9 de xaneiro de 1997, publicada no BOE do 8 de febreiro, pola que se convocan concursos para a provisión de prazas de corpos docentes, e por considerar incorrecta a devandita convocatoria, toda vez que nas mencionadas datas da resolución

e publicación xa non existía a área de coñecemento de filoloxía española segundo Resolución do 28 de novembro de 1996 (BOE do 10 de decembro) do Consello de Universidades, pola que se fixo público o acordo da comisión académica con data do 17 de xuño de 1996, pola que se crearon novas áreas de coñecemento.

No anexo I, apartado praza nº 1446/1996, onde di: «Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española», debe dicir: «Área de coñecemento á que corresponde: literatura española».

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

4621