Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.015

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/038 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que deberá resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/038, convocada por Resolución con data do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 10 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de catedrático de universidade.

Área de coñecemento: biblioteconomía e documentación.

Praza nº 96/038.

Comisión titular:

Presidente: Caridad Sebastián, Mercedes, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario: López Yepes, José, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais: Fuentes Pujol, M. Eulalia, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Rokiski Lázaro, Gloria, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Martín Fuertes, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de León.

Comisión suplente:

Presidente: Pinto Molina, María, catedrática de universidade. Universidade de Granada.

Secretario: Izquierdo Arrollo, José María, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocais: Terrada y Ferrandis, María Luz, catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Moreiro González, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Sagredo Fernández, Félix, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

4636