Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 5.989

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 20.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia exercer tódalas facultades que as leis orgánicas do poder xudicial e do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ó Goberno do Estado en materia de administración de xustiza en Galicia. O Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza. Por medio do Decreto da Xunta de Galicia 394/1994, do 29 de decembro, asúmense as referidas funcións e asígnanselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Conforme ó anterior, a Xunta de Galicia considerou oportuno establecer un marco normativo axeitado ás peculiaridades da nosa comunidade para regula-lo procedemento de compensación económica das actuacións profesionais correspondentes á defensa e representación de oficio e á asistencia letrada ó detido ou preso no ámbito da Comunidade Autónoma galega, o que deu lugar, no seu día, á aprobación e posterior publicación do Decreto 252/1995, do 7 de setembro, sobre medidas para instrumenta-la compensación económica da Comunidade Autónoma de Galicia á asistencia xurídica gratuíta.

A entrada en vigor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, que desenvolve o artigo 119 da Constitución, introduciu profundos cambios no recoñecemento do dereito de asistencia xurídica gratuíta para aquelas persoas que acrediten insuficiencia de recursos, modificando pois, de xeito substancial, o marco onde se desenvolve a normativa autonómica. A devandita lei optou pola desxudicialización do procedemento do recoñecemento do dereito, trasladándoo a un órgano colexiado de carácter administrativo, as comisións de asistencia xurídica gratuíta, aínda que a tramitación dos expedientes de xustiza gratuíta descansa sobre o traballo previo dos colexios de avogados, a través dos seus servicios de orientación xurídica, que inician a tramitación ordinaria das solicitudes, analizan as pretensións e acordan as designacións ou denegacións provisionais.

A disposición adicional primeira da devandita lei delimita o ámbito de intervención normativa das comunidades autónomas que teñan asumido o exercicio efectivo das competencias en materia de provisión de medios para a Administración de Xustiza.

Este regulamento desenvolve a Lei de asistencia xurídica gratuíta de acordo co ámbito normativo recoñecido á Xunta de Galicia na mencionada disposición adicional primeira da lei. De conformidade con iso, o regulamento incide en determinados aspectos relativos á estructura e composición das comisións de asistencia xurídica gratuíta, posibilitando que se establezan delegacións delas cando as necesidades do servicio o aconsellen. Créase tamén o Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia, como órgano de seguimento e de elaboración de propostas para a mellora da prestación do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

No regulamento contrólase o procedemento relativo á solicitude de recoñecemento do dereito de asistencia xurídica gratuíta tanto para os supostos normais de solicitude a instancia do interesado como naqueloutos de carácter excepcional en que o interesado non sexa quen o inicie por si mesmo; refírese tamén ás designacións provisionais de avogado e procurador, coa previsión de que, se o solicitante ten a condición de demandado e dispón para comparecer ante un órgano xudicial dun prazo perentorio, os colexios respectivos poden efectua-la designación de xeito inmediato, co fin de evita-la indefensión.

O regulamento tamén incide en aspectos relativos á prestación do servicio por parte dos colexios de avogados e de procuradores, ós que se lle encarga a organización e a xestión colexial dos servicios de asistencia letrada, defensa e representación en xuízo, prevendo, cando o censo de avogados o permita, a especialización por ordes xurisdiccionais e a posibilidade de que se establezan requisitos de formación e especialización para a prestación do servicio de asistencia xurídica gratuíta; así mesmo, establécese o procedemento para a tramitación das queixas ou denuncias formuladas como consecuencia das actuacións dos profesionais encargados dos servicios colexiais de asistencia xurídica gratuíta.

O regulamento tamén considera aspectos relativos ó financiamento do servicio, orientados a garanti-la correcta aplicación dos fondos públicos que ten destinados. O financiamento arbítrase mediante o outorgamento dunha compensación económica ó Consello da Avogacía Galega e ós colexios de avogados e de procuradores dos tribunais de Galicia, destinada tanto ás compensacións dos profesionais que teñan actuado na quenda de oficio como á asistencia letrada ó detido ou preso e á contribución ó gasto derivado da xestión colexial. No regulamento prevese tamén o procedemento para a prestación de asistencia pericial gratuíta por peritos pertencentes á Administración autonómica e para a compensación económica dos peritos privados.

O presente regulamento recibiu informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, os colexios de avogados e procuradores de Galicia, e as autoridades e instancias implicadas na consecución dos obxectivos perseguidos nel.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda aprobado o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, co texto que figura como anexo a este decreto.

Disposición adicional

Primeira.-Coa finalidad de axiliza-lo procedemento de recoñecemento do dereito de asistencia xurídica gratuíta, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, estudiará a implantación dun sistema informático. Unha parte da compensación económica por gastos de funcionamento deberá destinarse a este obxectivo, de tal xeito que en dous anos o procedemento se atope totalmente informatizado.

Segunda.-Para os efectos de garantir nas mellores condicións a asistencia pericial gratuíta prevista no artigo 6.6º da Lei estatal de asistencia xurídica gratuíta, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá subscribir acordos e convenios cos diferentes colexios profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición transitoria

Primeira.-As solicitudes de xustiza gratuíta instadas con anterioridade á entrada en vigor do presente regulamento rexeranse pola normativa vixente no momento de efectua-la solicitude.

Segunda.-As comisións de asistencia xurídica gratuíta, constituídas ó abeiro da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta nas capitais de provincia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as delegacións das comisións provinciais creadas polo Decreto 52/1997, do 26 de febreiro, someteranse en canto á súa composición, organización e funcionamento ó disposto no presente decreto.

Terceira.-Para os efectos económicos deste regulamento retrotraeranse ó día 1 de xaneiro de 1997.

Disposición derrogatoria

Única.-Queda derrogado o Decreto 252/1995, do 7 de setembro, sobre medidas para instrumenta-la compensación económica da Comunidade Autónoma de Galicia á asistencia xurídica gratuíta.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento e aplicación do presente regulamento.

Segunda.-O presente regulamento entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, a vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente regulamento ten por obxecto establece-las normas de desenvolvemento do procedemento para recoñece-lo dereito de asistencia xurídica gratuíta ó que se refire o artigo 119 da Constitución, así como regula-lo procedemento para outorga-la compensación económica ós avogados e procuradores polas actuacións profesionais que realicen en favor de quen teña recoñecido o devandito dereito.

O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta comportará, para os seus titulares as prestacións establecidas no artigo 6 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.

Capítulo II

Normas de organización e funcionamento

das comisións de asistencia xurídica gratuíta

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

1. As comisións de asistencia xurídica gratuíta teñen a súa sede en cada capital de provincia da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As funcións e competencias das comisións serán, dentro do ámbito provincial, as previstas na Lei de asistencia xurídica gratuíta e no presente regulamento.

Artigo 3º.-Delegacións das comisións de asistencia xurídica gratuíta.

1. Por decreto da Xunta de Galicia poderase decidi-la creación de delegacións das comisións de asistencia xurídica gratuíta, naqueles casos nos que o volume de asuntos por tratar, as circunstancias xeográficas ou outras causas xustificadas o aconsellen.

2. El decreto de creación das delegacións determinará o seu ámbito territorial e fixará a súa composición, na que estarán representadas as mesmas institucións que integran con carácter xeral as comisións de asistencia xurídica gratuíta.

3. As delegacións, que terán as mesmas funcións que as comisións de asistencia xurídica gratuíta, estarán suxeitas ás directrices de actuación e ós criterios xerais que, para recoñece-lo dereito á asistencia xurídica gratuíta, adopten as comisións provinciais e seranlles de aplicación as regras de funcionamento que se prevén neste regulamento.

Artigo 4º.-Composición e designación de membros das comisións.

1. As comisións de asistencia xurídica gratuíta estarán integradas, cada unha delas, polos seguintes membros:

a) Un membro do Ministerio Fiscal, designado polo fiscal xefe da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza ou, se é o caso, da audiencia provincial, que as presidirá.

b) O decano do colexio de avogados da provincia ou o avogado que designe. De haber máis dun colexio de avogados na provincia, o seu representante será designado de común acordo polos decanos dos colexios respectivos.

c) O decano do colexio de procuradores da provincia ou o procurador que designe. De haber máis dun colexio de procuradores na provincia, o seu representante será designado de común acordo polos decanos dos colexios respectivos.

d) Dous funcionarios da Xunta de Galicia: un deberá estar adscrito á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pertencer a corpos ou escalas dos grupos A ou B e será designado polo director xeral de Xustiza e Administración Local; o outro será un letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia, designado polo director xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

2. As funcións de secretario da comisión corresponderanlle ó funcionario designado pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

3. Co fin de garanti-la continuidade dos traballos e o bo funcionamento das comisións, nomearase un suplente por cada un dos membros titulares, que serán designados do mesmo xeito que estes. Os membros titulares e suplentes serán os únicos habilitados para participaren nas comisións, podendo actuar indistintamente. Os sucesivos cambios que se produzan neses nomeamentos deberán comunicarse, no caso de ser posible, cando menos cun mes de antelación ó momento en que se vaian producir, á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quen os poñerá en coñecemento do presidente da comisión respectiva.

Artigo 5º.-Dependencia orgánica, soporte administrativo e sede.

1. As comisións de asistencia xurídica gratuíta estarán adscritas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, quen, a través das súas delegacións provinciais, lles facilitará os recursos humanos e materiais e os medios económicos que precisen para o seu correcto funcionamento, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

2. As comisións de asistencia xurídica gratuíta terán a súa sede nas dependencias que as delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poñan á súa disposición.

Artigo 6º.-Información sobre os servicios de asistencia xurídica gratuíta.

1. As comisións de asistencia xurídica gratuíta dispoñerán das listas de colexiados exercentes adscritos ós servicios de xustiza gratuíta, con indicación do seu domicilio profesional e, se é o caso, de especializacións por ordes xurisdiccionais ou nos diversos eidos xurídicos, que lles serán facilitadas semestralmente polos colexios de avogados e de procuradores do respectivo ámbito territorial.

2. Nas sedes das comisións expoñeranse as normas de funcionamento, sede e horarios dos servicios de orientación xurídica dos colexios de avogados. A devandita información estará á disposición de toda persoa interesada en acceder ós servicios de xustiza gratuíta e será semestralmente actualizada polos colexios.

Artigo 7º.-Normas de funcionamento.

As comisións de asistencia xurídica gratuíta axustaranse no seu funcionamento ás normas establecidas no presente regulamento. No seu defecto, será de aplicación o establecido na Lei de asistencia xurídica gratuíta e, con carácter xeral, o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os órganos colexiados.

Artigo 8º.-Convocatorias e sesións.

1. As comisións de asistencia xurídica gratuíta reuniranse cando menos cunha periodicidade de quince días.

2. As convocatorias das sesións ordinarias e extraordinarias e a fixación da orde do día, serán realizadas de orde do presidente, polo secretario da comisión.

3. Para a válida constitución do órgano, para efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presencia de, cando menos, tres membros da comisión, incluíndo entre estes o presidente e secretario.

4. As comisións de asistencia xurídica gratuíta poderán establecer un calendario de reunións e as súas conseguintes ordes do día. Neste suposto, nin será preciso efectua-la convocatoria das sesións da comisión nin realiza-las citacións ós membros dela.

Artigo 9º.-Indemnización por asistencias.

1. A concorrencia ás reunións das comisións de asistencia xurídica gratuíta, debidamente xustificadas polo secretario, dará orixe á indemnización que corresponda, conforme o previsto no anexo II do Decreto 299/1990, do 24 de marzo, sobre indemnización por razón de servicio ó persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As indemnizacións serán satisfeitas pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Artigo 10º.-Funcións.

Son funcións das comisións de asistencia xurídica gratuíta:

a) Recoñecer ou denega-lo dereito á asistencia xurídica gratuíta, confirmando o modificando, se é o caso, as decisións previamente adoptadas polos colexios profesionais.

b) Revoga-lo recoñecemento do dereito cando concorran as circunstancias previstas no artigo 19 da Lei estatal 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.

c) Efectua-las comprobacións e solicita-la información de calquera tipo de administración, institución ou entidade que ó longo da tramitación das solicitudes de asistencia xurídica gratuíta se considere precisa e, en especial, requirir da administración tributaria correspondente a confirmación da exactitude dos datos de carácter tributario alegados polos solicitantes.

d) Recibir e trasladar ó órgano xudicial correspondente o escrito de impugnación das resolucións definitivas adoptadas pola comisión.

e) Tramita-las comunicacións relativas á insustentabilidade da pretensión presentadas polos avogados.

f) Actuar, como órganos de comunicación cos colexios profesionais, para efectos de recoller e orienta-las queixas ou denuncias formuladas como consecuencia das actuacións relacionadas cos servicios de asistencia xurídica gratuíta naqueles casos en que tales iniciativas non se teñan proposto directamente ante os colexios. Tales queixas ou denuncias deberán remitirse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

g) Calquera outra que lles atribúa a normativa sobre asistencia xurídica gratuíta e que non se encontre prevista entre as anteriores.

Capítulo III

Consello asesor de asistencia xurídica gratuíta

Artigo 11º.-Finalidades.

Créase o Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia coas seguintes finalidades:

a) Realizar un seguimento da efectividade e cumprimento do que se dispón neste regulamento mediante a elaboración de informes ou estudios sobre o desenvolvemento da actividade prestacional da asistencia xurídica gratuíta.

b) Propoñer á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais modificacións de carácter normativo ou de funcionamento do sistema de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

c) Estudiar e elevar ós órganos competentes cantas propostas considere oportunas para mellora-la prestación do servicio de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 12º.-Composición.

1. O Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia estará integrado polos membros seguintes:

a) O director xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta de Galicia, que o presidirá.

b) Un representante do Poder Xudicial, designado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, por proposta da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

c) Un fiscal designado polo fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

d) O secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou aqueloutro secretario xudicial en quen delegue.

e) Tres representantes dos colexios de avogados de Galicia, designados polo Consello da Avogacía Galega.

f) Dous representantes dos colexios de procuradores de Galicia, designados pola comisión executiva dos colexios de procuradores de Galicia.

g) Un letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia, designado polo director xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

h) Un funcionario dos grupos ou escalas A ou B adscrito á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que será designado polo director xeral de Xustiza e Administración Local e actuará como secretario do consello.

2. Nomearase un suplente por cada un dos membros do consello, que serán designados do mesmo xeito que os titulares.

3. O consello poderá convocar ás súas reunións, cando o considere preciso, a persoal técnico ou cualificado para o estudio daquelas cuestións que se determinen mediante acordo.

Artigo 13º.-Funcionamento.

1. O consello reunirase sempre que a presidencia o convoque e, como mínimo, unha vez ó ano. O seu funcionamento axustarase ás disposicións que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os órganos colexiados.

2. Para o cumprimento das súas finalidades, o consello poderá solicita-los datos e informes que considere convenientes de calquera dos colexios de avogados e de procuradores de Galicia.

3. A concorrencia ás reunións do Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta, debidamente xustificadas polo secretario, dará orixe á indemnización que corresponda, segundo o previsto no artigo 9 deste regulamento para as asistencias ás comisións de asistencia xurídica gratuíta.

Capítulo IV

Procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta

Artigo 14º.-Iniciación.

1. O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta iniciarase sempre por instancia de parte, mediante solicitude.

2. A solicitude entenderase formalizada coa presentación, ante o órgano competente, do modelo normalizado e a documentación que figura no anexo I deste regulamento.

3. Os impresos de solicitude facilitaranse nas dependencias xudiciais, nos colexios de avogados e de procuradores, nos centros de detención, centros penitenciarios e nas sedes das comisións de asistencia xurídica gratuíta.

4. Os avogados designados polo seu colexio auxiliarán e impulsarán encher e asina-los impresos de solicitude de asistencia xurídica gratuíta de parte dos detidos, presos ou inculpados a que asistan ou defendan, facéndoo na primeira comunicación que con eles manteñan.

A mesma obriga incumbiralles ós avogados designados conforme o disposto no artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

5. Os colexios de avogados auxiliarán na formalización das solicitudes da asistencia xurídica gratuíta ós peticionarios e adoptarán as medidas precisas para o cumprimento das obrigas establecidas nos apartados anteriores.

Artigo 15º.-Excepcións á iniciación por instancia de parte.

1. Na orde xurisdiccional penal, cando o imputado se atope presumiblemente incluído no ámbito do artigo 2 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, e se negue a cubrir e asina-la solicitude ou resulte imposible a comunicación do avogado co seu defendido, o avogado designado provisionalmente logo do requirimento xudicial poderá inicia-lo correspondente procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta, debendo facer constar expresamente esta circunstancia no impreso que para tal efecto presente.

Estes mesmos trámites serán de aplicación nos supostos de asistencia letrada ó detido e nos procedementos administrativos de expulsión de estranxeiros.

2. Os colexios de avogados, apreciada a imposibilidade de acredita-la documentación esixida no anexo I deste regulamento, remitirán o expediente que se teña iniciado, xunto cunha relación das xestións realizadas polo colexio e o avogado designado, á comisión de asistencia xurídica gratuíta para que continúe a tramitación, solicitando de oficio as acreditacións correspondentes. O colexio de avogados fará constar no expediente que remita á comisión a excepcionalidade na iniciación do procedemento.

Artigo 16º.-Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes de asistencia xurídica gratuíta presentaranse, debidamente cubertas e coa documentación acreditativa correspondente, nas dependencias habilitadas polo colexio de avogados correspondente ó lugar en que se atope o órgano xudicial que coñeza ou teña que coñece-lo proceso principal para o que se insta ou, ante o xulgado correspondente ó domicilio do solicitante.

2. Nos supostos previstos no nº 1 do artigo 15º, o avogado presentará no colexio de avogados territorialmente competente o impreso e a documentación que figura no anexo II deste regulamento, debidamente cubertas cos datos que se desprendan das actuacións policiais ou xudiciais practicadas, facéndose constar expresamente a negativa do interesado a tramita-lo recoñecemento da asistencia xurídica gratuíta.

3. Presentada a solicitude ante o colexio de avogados, este, de terse iniciado xa o proceso, notificará, de xeito inmediato, e polo medio máis idóneo, a recepción dela ó xulgado ou tribunal que estivese coñecendo do proceso, para os efectos do disposto no artigo 16 parágrafo segundo da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

4. De terse presentada a solicitude ante o órgano xudicial, este remitirá a petición ó colexio de avogados territorialmente competente, sen prexuízo do disposto nos artigos 16 e 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 17º.-Emenda de deficiencias.

1. Os colexios de avogados examinarán a documentación presentada e, de apreciaren que resulta insuficiente ou que na solicitude existen deficiencias, comunicaranllo ó interesado, fixando con precisión os defectos ou carencias advertidas e as consecuencias da falta de emenda e concederanlle un prazo de dez días hábiles para a emenda dos defectos advertidos.

2. Transcorrido este prazo sen que se teña aportado a documentación requirida ou emendadas as deficiencias observadas, o colexio de avogados arquivará a petición. Tal arquivo notificarase ó órgano xudicial que estivese coñecendo o proceso cando este tivese decretado a súa suspensión e á comisión de asistencia xurídica gratuíta correspondente.

Artigo 18º.-Designacións provisionais.

1. Analizada a solicitude e os documentos xustificativos, se o colexio de avogados considerase que o peticionario cumpre os requisitos legalmente establecidos para obte-lo dereito á asistencia xurídica gratuíta, procederá, no prazo máximo de quince días, contados a partir da recepción da solicitude nese colexio ou da emenda dos defectos observados, á designación provisional de avogado, comunicándoo inmediatamente, no caso de ser preceptiva a intervención de procurador, ó colexio de procuradores, para que, no prazo máximo de tres días, designe un procurador que asuma a representación. Neste último caso, o colexio de procuradores comunicará inmediatamente ó de avogados a designación efectuada.

Tales designacións provisionais serán comunicadas tamén polos colexios respectivos ós profesionais a

quen corresponda a intervención, ó interesado e ó órgano xudicial, se o proceso xa tivese comezado.

2. As notificacións das designacións provisionais realizadas ó interesado deberán conte-la información relativa á obriga de aboa-los honorarios e dereitos económicos ocasionados polos servicios efectivamente prestados polos profesionais designados con carácter provisional, no caso de non obte-lo recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta ou de procede-lo reintegro económico nos termos previstos no artigo 36 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

3. Realizada a designación provisional de avogado e, se é o caso, comunicada a do procurador, o colexio de avogados terá un prazo de tres días para trasladar á comisión de asistencia xurídica gratuíta correspondente o expediente completo, así como as designacións efectuadas, para os efectos da verificación e resolución definitiva da solicitude.

Artigo 19º.-Ausencia de designacións provisionais.

No caso de que o colexio de avogados considerese que o peticionario non cumpre os requisitos referidos no apartado 1 do artigo anterior ou que a pretensión principal contida na solicitude sexa manifestamente insustentable ou carente de fundamento notificará, nun prazo máximo de cinco días, ó solicitante que non efectuou o nomeamento provisional de avogado e, ó mesmo tempo, trasladará a solicitude á comisión de asistencia xurídica gratuíta para que esta resolva definitivamente.

Artigo 20º.-Reiteración da solicitude.

Cando o colexio de avogados, no prazo de quince días contados desde a recepción da solicitude ou, se é o caso, desde a emenda dos defectos advertidos, non teña realizado ningunha das actuacións previstas nos dous artigos anteriores, o solicitante poderá reitera-la súa solicitude ante a comisión de asistencia xurídica gratuíta, que reclamará o expediente ó colexio de avogados e ó mesmo tempo ordenará a designación provisional de avogado e de procurador, en caso de que a intervención deste fose preceptiva; posteriormente continuará o procedemento establecido no artigo seguinte.

Artigo 21º.-Instrucción do procedemento.

1.Recibido o expediente por calquera das vías recollidas nos artigos 18, 19 e 20 deste regulamento, a comisión de asistencia xurídica gratuíta dispoñerá dun prazo de trinta días para resolver, logo da realización de comprobacións e solicitude da información que considere precisa para verifica-la exactitude e realidade dos datos declarados polo solicitante.

2. A petición da información a que alude o apartado anterior farase mediante escrito asinado polo secretario da comisión.

3. Así mesmo, dentro do prazo establecido no apartado 1 deste artigo, a comisión de asistencia xurídica gratuíta poderá oír á parte ou partes contrarias no preito ou contra as que se pretenda exerce-la acción, cando sexan coñecidas e se considere que poidan

aportar datos para coñece-la real situación económica do solicitante.

4. A fase de instrucción do procedemento para recoñece-lo dereito á asistencia xurídica gratuíta rexerase, en todo caso, polos principios de celeridade e sumariedade.

Artigo 22º.-Notificación da resolución.

1.A resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta notificarase no prazo común de tres días ó solicitante, ó colexio de avogados, ó avogado designado provisionalmente e, se é o caso, ó colexio de procuradores, así como ó órgano xudicial que estea coñecendo o proceso ou ó xuíz decano da localidade, se aquel non se tivese iniciado, e á parte ou partes contrarias do proceso xa iniciado.

As resolucións denegatorias do dereito á asistencia xurídica gratuíta deberán notificarse tamén á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta de Galicia.

As notificacións serán realizadas polo secretario da comisión de asistencia xurídica gratuíta.

2. A resolución estimatoria deberá xuntarse co escrito co que se inicien as actuacións, para os efectos de que a parte ou partes contrarias poidan facer uso do dereito previsto no artigo 20 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 23º.-Insustentabilidade da pretensión.

1. Cando o avogado designado para un proceso considere insustentable a pretensión que pretende facerse valer, deberá comunicalo á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta dentro dos seis días seguintes á súa designación, mediante a presentación dun informe debidamente motivado no que expoña os argumentos xurídicos nos que fundamenta a súa decisión, tramitándose a continuación conforme o previsto nos artigos 32 a 35 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

2. As comisións de asistencia xurídica gratuíta levarán un rexistro especial no que constarán os expedientes tramitados con motivo das insustentabilidades das pretensións producidas.

3. As resolucións das comisións desestimando a solicitude por insustentabilidade da pretensión serán comunicadas ó interesado, ós profesionais de oficio, ós colexios de avogados e de procuradores e á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

Artigo 24º.-Revogación do dereito.

1. Cando se dean as circunstancias previstas no primeiro parágrafo do artigo 19 da Lei estatal de asistencia xurídica gratuíta, a comisión declarará a nulidade da resolución que recoñeceu o dereito, nos termos establecidos no artigo 102 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, en consecuencia, revogará o referido dereito.

2. A revogación do dereito levará consigo a obriga do pagamento por parte do beneficiario dos honorarios e dereitos económicos devengados polos profesionais

designados de oficio. Respecto da cantidade equivalente ó custo do resto das prestacións obtidas en razón daquela concesión, a administración autonómica poderá esixi-lo devandito reembolso mediante o procedemento administrativo de constrinximento previsto no Regulamento xeral de recadación. En ningún caso poderá reclama-lo avogado do procurador o aboamento dos seus honorarios.

3. Para os efectos do previsto no apartado anterior, os profesionais actuantes deberán reintegra-las cantidades que pola designación de oficio percibisen.

Artigo 25º.-Notificación das resolucións xudiciais que resolvan as impugnacións das decisións adoptadas polas comisións de asistencia xurídica gratuíta.

1.Os secretarios xudiciais notificaranlles inmediatamente ás partes, á comisión de asistencia xurídica gratuíta, e ós colexios de avogados e procuradores correspondentes o auto que resolva a impugnación realizada contra a resolución definitiva da comisión, recoñecendo ou denegando o dereito á asitencia xurídica gratuíta.

Tal auto terá que ser notificado tamén á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local cando denegue o recoñecemento do dereito.

2. Os secretarios xudiciais deberán tamén notificar trimestralmente á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local as resolucións xudiciais que poñan fin ó proceso principal nas que haxa pronunciamento sobre custas xudiciais a favor de quen obtivo o recoñecemento da asistencia xurídica gratuíta e aquelas en que, sen conter expreso pronunciamento sobre custas, venza o beneficiario da xustiza gratuíta ou concedan litis expensas.

Artigo 26º.-Requirimento xudicial de designación de avogado e procurador.

1. Recibida polos colexios profesionais a resolución a que se refire o segundo parágrafo do artigo 21 da Lei estatal de asistencia xurídica gratuíta, procederán a designar de inmediato avogado e, se é o caso, procurador, iniciando, ó mesmo tempo, o procedemento de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Tales designacións serán comunicadas tamén polos colexios respectivos ós profesionais a quen corresponda a intervención, ó interesado e ó órgano xudicial.

2. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, o secretario do órgano xudicial que estea coñecendo o proceso requirirá ó peticionario para que cubra o modelo normalizado de solicitude, remitíndoo posteriormente ó colexio de avogados correspondente para a súa tramitación.

Así mesmo, o órgano xudicial e o colexio de avogados informarán o interesado sobre a obriga de satisface-los honorarios e dereitos económicos ocasionados polos servicios efectivamente prestados polos profesionais designados, se non insta ou non obtén a asistencia xurídica gratuíta.

3. A resolución xudicial a que se refiere o segundo parágrafo do artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta só dará lugar ó resto das prestacións que integran o dereito cando este sexa efectivamente recoñecido na resolución pola que finalice o procedemento iniciado ante a comisión de asistencia xurídica gratuíta. No caso de que esa resolución sexa desestimatoria, será de aplicación o previsto no apartado 2 do artigo 18 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

Capítulo V

Organización dos servicios de asistencia letrada, defensa e representación gratuítas

Artigo 27º.-Supervisión da administración autonómica.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia velará polo bo funcionamento dos servicios de asistencia xurídica gratuíta xestionados polos colexios profesionais, nos termos deste regulamento.

Artigo 28º.-Directrices xerais.

O Consello da Avogacía Galega e a comisión executiva dos colexios de procuradores dos tribunais de Galicia aprobarán as directrices xerais sobre organización e funcionamento dos servicios de asistencia xurídica gratuíta, para asegura-lo eficaz cumprimento do previsto no presente regulamento. Tales directrices serán de obrigado cumprimento para tódolos colexios.

Artigo 29º.-Xestión colexial dos servicios.

1. As xuntas de goberno dos colexios de avogados e dos colexios de procuradores regularán e organizarán os servicios de asistencia letrada e defensa e representación gratuítas, garantindo, en todo caso, a súa continuidade, atendendo a criterios de eficacia e funcionalidade, de máxima dedicación profesional dos seus integrantes, de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios e, cando o censo de profesionais o permita, de especialización por ordes xurisdiccionais.

2. Os sistemas de distribución das distintas quendas e medios para a designación dos profesionais de oficio serán públicos para tódolos colexiados e poderán ser consultados polos solicitantes de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 30º.-Formación e especialización.

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo do informe do Consello da Avogacía Galega e do comité executivo dos colexios de procuradores dos tribunais de Galicia, poderá complementa-los requisitos xerais mínimos de formación e especialización para a prestación dos servicios de asistencia xurídica gratuíta que puidese establece-lo Ministerio de Xustiza.

2. O Consello da Avogacía Galega regulará, con carácter xeral, o acceso dos avogados ós servicios de defensa gratuíta e asistencia letrada para tódolos colexios de avogados da Comunidade Autónoma. Estas normas, que poderán esixir unha experiencia profesional previa para acceder a eses servicios,

deberán axustarse ós requisitos de formación e especialización que puidese establece-lo Ministerio de Xustiza e a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de acordo co que establece o artigo 25 da Lei de asistencia xurídica gratuíta, e terán que comunicarse á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

3. A comisión executiva dos colexios de procuradores de Galicia poderá dictar normas de acceso ó servicio de representación gratuíta, de acordo coas disposicións do apartado anterior.

4. Os colexios profesionais realizarán, periodicamente, cursos dirixidos á formación dos seus colexiados, para facilita-lo acceso destes ós servicios de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 31º.-Servicios de orientación xurídica.

1. Cada colexio de avogados contará cun servicio para asesora-los peticionarios de asistencia xurídica gratuíta, informa-los sobre o cumprimento dos requisitos precisos para o recoñecemento do dereito e auxilia-los na redacción dos impresos normalizados.

Esa información e ese auxilio carecerán de valor para os efectos da interrupción da prescrición prevista no artigo 16 da Lei de asistencia xurídica e do prazo que o artigo 15 do mesmo texto concede ó colexio de avogados para efectuar ou denega-la designación provisional de avogado.

2. Os colexios de avogados poderán organizar e xestionar un servicio de orientación xurídica máis amplo, que asumirá as funcións que lle asigne a xunta de goberno.

3. Os colexios de avogados adoptarán as medidas precisas para facilita-lo acceso dos cidadáns ós devanditos servicios e difundir, axeitadamente, a localización das súas dependencias e funcións.

Artigo 32º.-Quendas de garda permanente.

1. Para a prestación do servicio de asistencia letrada ó detido, tódolos colexios de avogados constituirán unha quenda de garda permanente, de presencia física ou localizada dos letrados, e a disposición dese servicio durante as 24 horas do día.

2. O número de letrados de cada quenda fixarase de acordo co número de asistencias previsibles determinado sobre a media de cinco asistencias diarias por avogado e tendo en conta o ámbito xudicial de cada colexio, coa aceptación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Artigo 33º.-Rexistro de solicitudes.

1. Os colexios de avogados e de procuradores deberán rexistrar tódalas solicitudes de designación que se lles fagan coas especificacións precisas para que en cada caso quede constancia do peticionario, a causa ou actuación a que se refire a solicitude, o órgano xudicial ou unidade onde se fixo ou se fará a actuación, as datas de solicitude e designación, a identificación dos profesionais designados e as cir

cunstancias correspondentes á designación, especialmente as referentes ás renuncias ou aquelas que xustifiquen unha non prestación do servicio.

2. Tódolos colexios de avogados levarán un rexistro especial no que se fará constancia dos expedientes tramitados con motivo das insustentabilidades das pretensións formuladas polos seus colexiados e dos iniciados excepcionalmente polo letrado designado logo do requirimento xudicial.

Artigo 34º.-Coordinación entre os colexios de avogados e de procuradores.

1. O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta comportará, agás nos supostos previstos nos artigos 5 e 28 da Lei de asistencia xurídica gratuíta, a asignación da defensa e representación a un avogado e a un procurador da quenda de oficio, non sendo admisible a pretensión de litigar por medio dun avogado libremente elixido e dun procurador de oficio, ou viceversa, agás que os profesionais de libre elección renuncien por escrito ante o cliente e o colexio onde estean inscritos a percibi-los seus honorarios ou dereitos.

2. No momento de efectua-la solicitude do dereito á asistencia xurídica gratuíta, ou unha vez que se teña recoñecido, os interesados poderán renunciar expresamente á designación de avogado e de procurador de oficio, nomeando libremente profesionais da súa confianza. Renuncia que terá que afectar, ó mesmo tempo, ó avogado e ó procurador.

3. Para os efectos previstos nos apartados anteriores, os colexios de avogados e de procuradores dun mesmo ámbito territorial actuarán de xeito coordinado para efectua-las designacións de avogado e de procurador que procedan en cada caso e adoptarán as medidas precisas para asegura-la efectiva e mutua comunicación das renuncias dos profesionais á percepción de honorarios e dereitos e das dos interesados ás designacións de oficio.

Artigo 35º.-Obrigas profesionais dos profesionais designados de oficio.

1. Os profesionais inscritos nos servicios de asistencia xurídica gratuíta desenvolverán a súa actividade con liberdade e independencia de criterio, con suxeición ás normas deontolóxicas e ás regras e directrices que instrúen o funcionamento dos servicios colexiais de xustiza gratuíta.

2. Os avogados e procuradores designados de oficio desenvolverán de xeito real e efectivo as actuacións que teñan confiadas ata a finalización do procedemento na instancia xudicial de que se trate e, se procedese, a execución das sentencias, se as actuacións procesuais se producisen dentro dos dous anos seguintes á resolución xudicial dictada na instancia.

Só na orde penal, os avogados designados poderán escusarse da defensa, nos termos previstos nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 31 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

3. Nos procedementos penais que se inicien a raíz dunha detención policial previa a obriga establecida no parágrafo anterior producirase, en todo caso, cando se faga a primeira asistencia ou actuación ante o órgano xudicial.

4. Para a prestación do servicio de asistencia letrada ó detido ou preso non será preciso que este acredite previamente carecer de recursos económicos, pero o avogado que o asista deberá informa-lo sobre o seu dereito a solicita-la asistencia xurídica gratuíta, así como da súa obriga de paga-los honorarios devengados polos servicios efectivamente prestados se non instase o recoñecemento da asistencia xurídica gratuíta ou non se lle concede ou, concedéndoselle, procede logo o reintegro económico conforme o previsto no artigo 36 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

A mesma obriga de información terán os avogados de oficio designados provisionalmente polos colexios de avogados, as comisións de asistencia xurídica gratuíta ou os que sexan consecuencia do requirimento xudicial previsto no artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

Capítulo VI

Reclamacións polo funcionamento dos servicios colexiais e responsabilidade patrimonial

Artigo 36º.-Reclamacións polo funcionamento dos servicios colexiais.

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e as comisións de asistencia xurídica gratuíta darán traslado ós colexios de avogados e de procuradores correspondentes das queixas ou denuncias formuladas como consecuencia das actuacións dos profesionais de oficio ou das actividades desenvolvidas polos servicios colexiais de asistencia xurídica gratuíta, sen prexuízo daqueloutras outras actuacións xudiciais que sexan procedentes.

2. Os colexios estarán obrigados a comunicarlle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a resolución recaída na información ou expediente que se incoase.

Artigo 37º.-Responsabilidade patrimonial.

1. Os danos producidos polo funcionamento dos servicios colexiados de asistencia xurídica gratuíta serán resarcidos conforme as regras e principios xerais de responsabilidade patrimonial contidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A anulación ou modificación das decisións adoptadas polos colexios profesionais respecto das designacións provisionais de avogado e procurador que sexan acordadas polas comisións de asistencia xurídica gratuíta no momento de dictar resolución ou polos órganos xudiciais que resolvan as impugnacións previstas no artigo 20 da Lei de asistencia xurídica gratuíta non supoñen, por si soas, título de imputación de responsabilidade ós colexios profesionais.

3. A tramitación das reclamacións de indemnización axustarase ó previsto polo Real decreto

429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, no que sexa de aplicación e, en todo caso, coas seguintes precisións:

a) O procedemento de reclamación de indemnización iniciarase mediante solicitude do interesado, que se dirixirá e presentará perante o colexio profesional correspondente.

b) A resolución final, acordando ou desestimando a indemnización reclamada, será adoptada pola xunta de goberno do colexio respectivo, logo do informe do Consello Consultivo de Galicia.

c) Contra a resolución da xunta de goberno poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o Consello da Avogacía Galega, que coa súa resolución poñerá fin á vía administrativa.

Capítulo VII

Compensación económica e supervisión dos servicios de asistencia xurídica gratuíta

Artigo 38º.-Compensación económica polos servicios colexiais.

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con cargo ás súas dotacións orzamentarias, compensará economicamente as actuacións profesionais correspondentes á asistencia letrada ó detido e a defensa e representación gratuítas.

2. Esa aportación económica, que se realizará a través do Consello da Avogacía Galega, da comisión executiva dos procuradores de Galicia, dos colexios de avogados e dos colexios de procuradores de Galicia, comprenderá tanto as compensacións dos profesionais que teñan actuado como a contribución ó gasto derivado da xestión colexial dos servicios de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas.

3. Os libramentos para compensar economicamente as actuacións profesionais en asistencia letrada ó detido e a defensa e representación gratuítas efectuaranse cuadrimestralmente.

Artigo 39º.-Retribución por baremo.

1. De acordo co importe global das dotacións orzamentarias, e tendo en conta a tipoloxía das actuacións e procesos nos que interveñan os profesionais designados de oficio, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais establecerá anualmente, logo da consulta ós colexios de avogados e ós colexios de procuradores e á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, os módulos e bases de compensación con cargo ós fondos públicos pola prestación dos servicios de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas.

2. Os módulos e bases de compensación de referencia aplicables durante o ano 1997 serán os que se determinan no anexo II deste regulamento.

3. A fixación dos módulos e bases de compensación para anos sucesivos, realizada conforme o procede

mento e condicións previstas no apartado primeiro deste artigo, non poderán ser inferiores ós contidos no anexo II deste regulamento.

Artigo 40º.-Actuacións profesionais compensables economicamente.

1. Para os efectos deste regulamento, enténdese por actuación de quenda de oficio a defensa e representación en calquera das ordes e instancias xurisdiccionais das persoas físicas e xurídicas que teñan dereito á asistencia xurídica gratuíta, nos termos e co alcance previstos na Lei de asistencia xurídica gratuíta.

2. O asesoramento e orientación gratuítos anteriores ó proceso que teñan por obxecto evita-lo conflicto procesual consideraranse comprendidos, para efectos de compensación económica, no apartado anterior, igual que o informe sobre a insustentabilidade da pretensión previsto nos artigos 32 e 35 da Lei estatal de asistencia xurídica gratuíta.

3. Enténdese por asistencia letrada ó detido ou preso a preceptivamente prestada a quen non designase avogado para calquera dilixencia policial que non sexa consecuencia dun procedemento penal en curso para a súa primeira declaración ante un órgano xudicial ou cando esta se realice mediante auxilio xudicial e o detido ou preso non designase letrado no lugar onde se preste.

4. As actuacións dun procedemento penal posteriores á primeira declaración do detido ou preso consideraranse incluídas na defensa por quenda de oficio, para os efectos do devengo da compensación económica, en caso de reuni-las condicións estipuladas no apartado primeiro deste artigo.

Artigo 41º.-Devengo da compensación económica polos profesionais.

1. Os avogados e procuradores designados de oficio devengarán a compensación económica correspondente á súa actuación na quenda de oficio a que se refire o presente regulamento, conforme o anexo II, unha vez que acrediten, documentalmente, ante o seu respectivo colexio, a intervención profesional realizada, de conformidade co disposto no anexo III. En supostos excepcionais, debidamente xustificados, as comisións de asistencia xurídica gratuíta, logo do informe motivado da xunta de goberno colexial correspondente, poderán dar por rematada unha actuación ou asunto, só para os efectos do devengo da compensación económica.

Os avogados e procuradores terán que comunicar ó seu colexio profesional a finalización do asunto para o cal fosen designados e especificarán os pronunciamentos en custas xudiciais que se producisen e as posibles indemnizacións ou beneficios obtidos polo cliente que teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta. Esa comunicación tamén lla deberán face-los colexios á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

2. Cando se trate de asistencia letrada ó detido, a compensación económica devengarase unha vez finalizada a intervención profesional, ben mediante a participación nunha quenda de garda ou ben mediante a realización da asistencia individualizada naqueles colexios nos que, excepcionalmente, non estea implantado o sistema de gardas. Neste último caso, a retribución diaria de cada letrado por asistencias, sexa cal sexa o número das realizadas, non poderá exceder da cantidade resultante da suma de cinco asistencias.

Así mesmo, cando a asistencia letrada teña que serlle prestada a máis dun detido polos mesmos feitos, computarase como unha única asistencia para os efectos do seu devengo, sempre que non exista conflicto de intereses.

3. Naqueles supostos nos que se designe outro profesional nun procedemento no que xa estea devengada a compensación económica correspondente a favor do primeiro designado, corresponderá ó respectivo colexio realizar cantas actuacións considere oportunas para redistribuír entre ambos o importe de tal compensación.

Artigo 42º.-Verificación dos servicios prestados.

Os colexios deberán verifica-la efectiva prestación dos servicios por parte dos profesionais mediante a oportuna xustificación documental, que conservarán á disposición da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

Artígo 43º.-Improcedencia da compensación económica.

1.Os profesionais designados de oficio non poderán percibir compensación económica con cargo a fondos públicos polos servicios efectivamente prestados cando o beneficiario deles non solicitase ou obtivese a asistencia xurídica gratuíta ou proceda o reintegro económico previsto no artigo 36 da Lei de asistencia xurídica gratuíta, sen prexuízo do disposto no artigo 15º deste regulamento.

2. De terse percibida xa a compensación económica, os profesionais designados de oficio deberán reintegrar ós colexios o percibido deles polo devandito concepto.

3. Os colexios de avogados e de procuradores velarán polo cumprimento do previsto nos apartados anteriores.

Artigo 44º.-Procedemento de aplicación da compensación económica.

1. Dentro do mes natural seguinte ó da finalización de cada cuadrimestre, os colexios de avogados e os colexios de procuradores da Comunidade Autónoma de Galicia remitirán á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local unha certificación que conteña os datos relativos ás actuacións realizadas polos profesionais durante ese período, especificando o número total de quendas de garda ou asistencias letradas levadas a cabo, o número total de asuntos de defensa ou dirección técnica gratuíta desagregado por

tipo de procedemento e o custo económico total asociado a eles en función dos baremos establecidos no anexo II deste regulamento.

2. As certificacións deberán ser expedidas polo secretario co visto e prace do decano de cada colexio.

3. En función desas certificacións, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais efectuará, a continuación, os libramentos cuadrimestrais que correspondan, sen prexuízo das posteriores regularizacións que procedan, unha vez realizada na súa totalidade a xustificación anual regulada no capítulo seguinte.

4. Os colexios profesionais, en canto que entidades colaboradoras para a distribución das compensacións económicas, están suxeitos ás regras e obrigas establecidas na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lles sexan de aplicación.

Artigo 45º.-Gastos de funcionamento e infraestructura.

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais determinará anualmente as cantidades que deberán percibi-los colexios para atende-los gastos derivados do funcionamento operativo dos servicios de asistencia letrada ó detido, defensa e representación gratuítas e das unidades encargadas da orientación e asesoramento dos peticionarios do dereito de asistencia xurídica gratuíta, transferindo o importe ó Consello da Avogacía Galega e ós colexios de procuradores de Galicia. Tales cantidades serán unha porcentaxe do devengado o ano anterior en concepto de asistencia xurídica gratuíta.

2. O Consello da Avogacía Galega distribuirá estes fondos entre os colexios, de acordo coas necesidades destes e tendo en conta as características de cada un deles, o volume de asuntos, a configuración territorial da súa demarcación, a distancia con respecto dos centros de detención, os medios de comunicación dispoñibles, a configuración urbana e calquera outro factor que puidesen afectar á máis eficaz e inmediata prestación dos servicios.

Artigo 46º.-Contas separadas.

1. O Consello da Avogacía Galega deberá ingresar en conta separada baixo o título «gastos de organización, administración e xestión colexios dos servicios de asistencia letrada ó detido e defensa gratuítas» as cantidades expedidas para atende-las finalidades referidas no presente regulamento.

2. Os colexios de avogados deberán ingresar en conta separada, baixo o título «Colexio de avogados de...» e «Aportación da Xunta de Galicia, Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para compensar economicamente os avogados en quenda de oficio e asistencia letrada ó detido» as cantidades expedidas para atende-las finalidades referidas no presente regulamento.

Idéntica obriga corresponderalles ós colexios de procuradores e serán neste caso os títulos das contas

«Colexio de procuradores de...» e «Aportación da Xunta de Galicia, Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para compensar economicamente os procuradores en quenda de oficio».

3. Os xuros devengados, se fose o caso, polas referidas contas aplicaranse ós gastos de funcionamento dos servicios.

Capítulo VIII

Xustificación cuadrimestral da aplicación da compensación económica

Artigo 47º.-Xustificación cuadrimestral da aplicación da compensación económica.

1. Dentro do mes natural seguinte á recepción por cada colexio de avogados e de procuradores dos libramentos cuadrimestrais efectuados pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, cada colexio profesional deberá xustificar ante a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local a aplicación da compensación económica percibida durante o cuadrimestre inmediatamente anterior. Se incumprisen a referida obriga, poderanse suspende-los sucesivos pagamentos ata que se renda a conta.

2. As diferencias que poden resultar das ordes de pagamento a conta regularizaranse unha vez cumprido o trámite de xustificación previsto no parágrafo anterior.

Artigo 48º.-Contido da xustificación cuadrimestral.

1. A xustificación cuadrimestral da aplicación dos fondos percibidos a que se refire o artigo anterior comprenderá a presentación ante a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local dos documentos seguintes:

a) Relación detallada das quendas de garda ou, se procede, das asistencias letradas ó detido efectuadas por cada letrado, con indicación dos datos seguintes: día de actuación, número de atestado ou telefonema, centro de detención, nome dos detidos, tipo de delicto, importe bruto pagado, retención do IRPF e importe neto liquidado ó letrado.

b) Relación detallada dos asuntos de xustiza gratuíta asumidos por cada letrado, con indicación do número do expediente dado pola comisión de asistencia xurídica gratuíta, nome do beneficiario, tipo e número de procedemento, órgano xudicial, importe bruto pagado, retención do IRPF e importe neto liquidado ó letrado.

c) Relación por letrados das cantidades devoltas en caso de percepcións indebidas de compensacións, con indicación dos datos seguintes: número de expediente dado pola comisión de asistencia xurídica gratuíta, nome do beneficiario, tipo e número de procedemento, órgano xudicial, importe devolto, cuadrimestre en que se liquidou a compensación e motivo da devolución.

d) Copia do documento de ingreso en Facenda das retencións do IRPF aplicadas.

e) Relación separada, detallada e documentada dos asuntos en que mediase designación de profesional nos supostos estipulados no artigo 21 da lei.

f) Relación separada das renuncias dos profesionais á percepción de honorarios e dereitos.

g) Relación das renuncias dos interesados ás designacións efectuadas.

2. Os colexios de procuradores dos tribunais de Galicia deberán presenta-las xustificacións das actuacións profesionais de representación gratuíta nos termos dos anteriores apartados que lles sexan aplicables.

3. Os colexios de avogados e de procuradores dos tribunais deberán conserva-la documentación a que se refire o artigo e o número 1 deste artigo por un período de cinco anos. A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local poderá, en calquera momento, solicitar dos colexios a aportación destes documentos.

Artigo 49º.-Memoria-informe.

1. Os colexios de avogados e os colexios de procuradores remitirán, dentro do primeiro trimestre de cada ano, á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, unha memoria-informe sobre o funcionamento dos servicios de orientación xurídica, asistencia letrada e asistencia xurídica gratuíta durante o ano anterior, na que deberán conterse datos relativos ó aumento e diminucións de solicitudes de asistencia xurídica gratuíta, concesións, disfuncións apreciadas, aplicación dos requisitos de formación e especialización precisos para presta-los servicios de asistencia xurídica gratuíta, etc...

2. Esta memoria-informe deberá conter unha relación detallada, xustificada documentalmente, das cantidades destinadas por cada colexio para atender ós gastos de organización, infraestructura e funcionamento dos servicios de asesoramento previo, asistencia letrada e quenda de oficio, con indicación dos criterios seguidos para iso.

Capítulo IX

Asistencia pericial gratuíta

Artigo 50º.-Contido da prestación.

1.O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta eximirá os seus titulares da obriga de aboa-los gastos derivados das actuacións periciais practicadas ó longo do proceso para o que se solicitou o devandito dereito, agás nos casos en que, conforme o artigo 36 da Lei de asistencia xurídica gratuíta, procede o reintegro económico.

Para facer efectiva a devandita obriga, será de aplicación o procedemento o que fai referencia o apartado 2º do artigo 47º do presente regulamento.

2. A asistencia pericial gratuíta será levada a cabo polas persoas e entidades mencionadas no artigo 6.6º da Lei de asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 51º.-Peritos pertencentes á administración autonómica.

Cando a asistencia pericial gratuíta a que se refire o artigo 6.6º da Lei de asistencia xurídica gratuíta deba correr a cargo de funcionarios, organismos ou servicios técnicos dependentes da Administración autonómica galega, corresponderá á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, logo do requirimento do órgano xurisdiccional que estea coñecendo o proceso en que se admitise a proba pericial proposta pola parte beneficiaria da asistencia xurídica gratuíta, facilitar á persoa ou organismo que reúna os coñecementos que a peritaxe precise.

Artigo 52º.-Peritos privados.

1.Para que proceda, conforme o artigo 6.6.II da Lei de asistencia xurídica gratuíta, a asistencia pericial gratuíta prestada por técnicos privados requirirase:

a) Inexistencia de técnicos na materia de que se trate, dependentes dos órganos xurisdiccionais ou das administracións públicas.

b) Resolución motivada do xuíz ou tribunal pola que se considere pertinente a concreta actuación pericial.

2. O aboamento dos honorarios devengados polos peritos privados correrá a cargo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, conforme as condicións económicas que se estipulen entre a administración e o perito.

Para tales efectos, antes da realización da proba pericial, o técnico privado remitirá á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, para a súa aprobación, unha previsión do seu custo económico, que incluirá obrigatoriamente os extremos seguintes:

a) Tempo previsto para a realización da peritaxe e valoración do custo por hora. En caso de inexistencia de valoración de custo, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local para determina-la minuta, valorará o tempo empregado na elaboración da peritaxe e o custo por hora dese técnico, en función da retribución media que outorga a administración a un membro dun corpo onde se esixa unha titulación similar para a realización da peritaxe.

b) Gastos precisos para a súa realización.

A previsión do custo quedará automaticamente aprobada se, no prazo dun mes desde a súa remisión, a dirección xeral non formula ningún reparo á súa cuantificación.

3. A minuta de honorarios axustarase á previsión do custo económico, aprobada conforme o disposto no apartado anterior. Para o seu devengo, o profesional deberá aportar, ademais, documentos que acrediten o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta de quen demandou a proba pericial e pronunciamento do órgano xudicial sobre os custas xudiciais xeradas polo proceso.

ANEXO I

SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA

SOLICITUD DE ASISTENCIA JURIDICA GRATUITA

Apelidos/ApellidosNome/Nombre

Nacionalidade Estado Civil N.I.F. Data nacemento

Nacionalidad Estado Civil N.I.F. Fecha de nacimiento

Domicilio (Rúa) Nº Andar Localidade

Domicilio (Calle) Nº Piso Localidad

Concello Provincia Cód. Postal Tfno.: (......)

Municipio Provincia Cód. Postal Tfno.

Profesión ou actividade: Empresa:

Profesión o actividad Empresa

B. Cónxuxe: / B. Cónyuge:

Apelidos/ApellidosNome/Nombre

Nacionalidade Estado Civil N.I.F. Data nacemento

Nacionalidad Estado Civil N.I.F. Fecha de nacimiento

Domicilio (Rúa) Nº Andar Localidade

Domicilio (Calle) Nº Piso Localidad

Concello Provincia Cód. Postal Tfno.: (......)

Municipio Provincia Cód. Postal Tfno

Profesión ou actividade: Empresa:

Profesión o actividad Empresa

Data de celebración do matrimonio / / 19 Localidade

Fecha de celebración del matrimonio Localidad

Réxime conxugal Localidade do último domicilio conxugal

Régimen conyugal Localidad del útlimo domicilio conyugal

C. Familia que convive co solicitante. / C. Familia que convive con el solicitante.

Apelidos Nome Idade Parentesco

Apellidos Nombre Edad Parentesco

Apelidos Nome Idade Parentesco

Apellidos Nombre Edad Parentesco

Apelidos Nome Idade Parentesco

Apellidos Nombre Edad Parentesco

A. Solicitante / A. Solicitante

Ingresos brutos anuais: Importe Concepto

Ingresos brutos anuales Importe Concepto

Bens inmobles en propiedade: / Bienes inmuebles en propiedad.

Tipo Valoración Cargas

Bens mobles en propiedade: / Bienes muebles en propiedad.

Tipo Valoración Matrícula (Vehículos)

Vivenda en alugueiro / Vivienda en alquilerRenda mensual / Renta mensual

SI NON

Outros datos de interese / Otros datos de interés

B. Cónxuxe: (Ingresos e bens propios) / B. Cónyuge: (Ingresos y bienes propios)

Ingresos brutos anuais: Importe Concepto

Ingresos brutos anuales Importe Concepto

Bens inmobles en propiedade: / Bienes inmuebles en propiedad.

Tipo Valoración Cargas

Bens mobles en propiedade: / Bienes muebles en propiedad.

Tipo Valoración Matrícula (Vehículos)

C. Familia que convive co solicitante. / C. Familia que convive con el solicitante.

Ingresos brutos anuais Parentesco:

Ingresos brutos anualesParentesco

Bens mobles e inmobles en propiedade: / Bienes muebles e inmuebles en propiedad

Tipo Valoración

Ingresos brutos anuais Parentesco:

Ingresos brutos anualesParentesco

Tipo Valoración

Ingresos brutos anuais Parentesco:

Ingresos brutos anualesParentesco

Tipo Valoración

Breve descripción de la pretensión a defender (tipo y contenido, jurisdicción, partido judicial, etc.)

Nome, apelidos e domicilio do contrario(s): / Nombre, apellidos y domicilio del contrario(s)

O solicitante ten a condición de detido imputado

El solicitante ostenta la condición de detenido imputado

en expediente ( atestado, previas, sumario) nº que consta en

en expediente ( atestado, previas, sumario) nº obrante en

Tipo e nº de proceso: / Tipo y nº de proceso

Xulgado: / Juzgado Rematado En trámite

Motivo: / Motivo Finalizado En trámite

Nome do avogado / Nombre del abogado:

VI. DECLARACIÓN RESPONSABLE DO SOLICITANTE

O solicitante declara que tódolos datos que constan neste impreso son certos, completos e sen omisión ningunha e que só pretende litigar por dereitos propios.

Así mesmo, o solicitante da asistencia xurídica gratuíta declara saber que:

1º. Esta solicitude non suspende por si mesma o curso do proceso, debendo persoalmente solicitar ó órgano xudicial a suspensión do transcurso de calquera prazo que puidese provocarme indefensión ou preclusión de trámite.

2º. Se a documentación presentada non estivese completa ou ben na solicitude existisen deficiencias, dispoño dun prazo máximo de 10 días hábiles a partir do requirimento que me efectúe o colexio de avogados para corrixi-los defectos advertidos. No caso contrario, entenderase por desistida a miña solicitude e deberei aboar tódolos gastos orixinados pola miña defensa e representación.

3º. A desestimación da pretensión pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta implicará, se é o caso, o aboamento dos honorarios e dereitos económicos ocasionados pola intervención dos profesionais designados con carácter provisional.

4º. A declaración errónea, falsa ou con ocultación de datos relevantes supoñerá a revogación do recoñecemento do dereito, dando lugar á obriga do pagamento das prestacións obtidas, sen prexuízo das responsabilidades doutra orde que correspondan.

5º. Se na sentencia que poña fin ó proceso son condenado ó pagamento das custas xudiciais, tras ter recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta, quedo na obriga do aboamento das causadas na miña defensa e nas da parte contraria, se no período dos tres anos seguintes ó remate do proceso viñese a mellor fortuna.

Se a sentencia non contivese expreso pronunciamento sobre o pagamento das custas xudiciais, vencendo no preito tras ter recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta, deberei aboa-las custas xudiciais causadas na miña defensa, sempre que non excedan da terceira parte do que nel tivese obtido. Se excedesen, reduciranse ó que importe esa terceira parte.

6º. A renuncia posterior á designación de avogado e procurador de oficio, afecta simultaneamente a ámbolos profesionais, dando lugar á obriga de pagamento das prestacións obtidas.

VI. DECLARACIÓN RESPONSABLE DEL SOLICITANTE

El solicitante declara que todos los datos que constan en este impreso son ciertos, completos y sin omisión alguna, y que solo pretende litigar por derechos propios.

Asimismo, el solicitante de la asistencia jurídica gratuita declara saber que:

1º. Esta solicitud no suspende por sí misma el curso del proceso, debiendo personalmente solicitar al órgano judicial la suspensión del transcurso de cualquier plazo que pudiera provocarme indefensión o preclusión de trámite.

2º. Si la documentación presentada resultase insuficiente o en la solicitud existiesen deficiencias, dispongo de un plazo máximo de 10 días hábiles a partir del requerimiento que me efectúe el Colegio Abogados para subsanar los defectos advertidos. En caso contrario, se entederá por desistida mi solicitud y deberé abonar todos los gastos que haya originado mi defensa y representación.

3º. La desestimación de la pretensión por la Comisión de Asistencia Jurídica Gratuita implicará, en su caso, el abono de los honorarios y derechos económicos ocasionados por la intervención de los profesionales designados con carácter provisional.

4º. La declaración errónea, falsa o con ocultación de datos relevantes conllevará la revocación del reconocimiento del derecho, dando lugar a la obligación de pago de las prestaciones obtenidas, sin perjuicio de las responsabilidades de otro orden que correspondan.

5º. Si en la sentencia que ponga fin al proceso soy condenado en costas, habiéndoseme reconocido el derecho a la asistencia jurídica gratuita, quedo obligado a abonar las causadas en mi defensa y las de la parte contraria, si dentro de los tres años siguientes a la terminación del proceso viniera a mejor fortuna.

Si la sentencia no contuviera expreso pronunciamiento en costas, venciendo en el pleito y habiéndoseme reconocido el derecho a la asistencia jurídica gratuita, deberé abonar las costas causadas en mi defensa, siempre que no excedan de la tercera parte de lo que en él haya obtenido. Si excedieran, se reducirán a lo que importe dicha tercera parte.

6º. La renuncia posterior a la designación de abogado y procurador de oficio, afecta simultáneamente a ambos profesionales, dando lugar a la obligación de pago de las prestaciones.obtenidas.

.........................., de ................ de ........

Sinatura/Firma

os requisitos esixidos polo artigo 2 da Lei 1/1996 do 10 de xaneiro, e ante a súa vontade contraria a asina-la / los requisitos exigidos por el artículo 2 de la Ley 1/1996 de 10 de enero, y ante su voluntad contraria a firmar la presente

presente solicitude, de conformidade co establecido polo artigo 15 do Regulamento aprobado por D./Dª..., procede / solicitud, de conformidad con lo establecido por el artículo 15 del Reglamento aprobado por el D./Dª..., procede

por si mesmo ó se asinamento. / por sí mismo a la firma.

OBSERVACIÓNS:/ OBSERVACIONES:

En ..., ... de ... de ....

Sinatura / Firma

DOCUMENTOS QUE SE XUNTAN Á SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA / DOCUMENTOS QUE SE ADJUNTAN A LA SOLICITUD DE ASISTENCIA JURÍDICA GRATUITA

-Fotocopia da declaración da renda do último ano ou, se é o caso, certificación negativa acreditativa que expide a Delegación de Facenda. / Fotocopia de la declaración de la renta del último año o, en su caso, certificación acreditativa negativa que expide la Delegación de Hacienda.

-Certificación de Facenda sobre a declaración do patrimonio. / Certificación de Hacienda sobre la declaración del patrimonio.

-Certificación do Concello do catastro e imposto de actividades económicas. / Certificación del Ayuntamiento del catastro e impuesto de actividades económicas.

-Fotocopia do recibo de alugueiro da vivenda. / Fotocopia del recibo de alquiler de la vivienda.

-Fotocopia do libro de familia. / Fotocopia del libro de familia.

-Nómina do último mes ou certificación do INEM acreditativa de: estar en situación de desemprego ou de percepción de prestacións, se é o caso. / Nómina del último mes o certificación del INEM acreditativa de: estar en situación de desempleo o de percepción de prestaciónes, en su caso.

-No caso de PENSIONISTAS: Certificación do INSS, I.S. da Mariña, ONCE e das prestacións que percibe na súa condición de pensionista. / No caso de PENSIONISTAS: Certificación del INSS, I.S. da Marina, ONCE y de las prestaciones que percibe en su condición de pensionista.

-Declaración xurada de ingresos (no caso de non ter nómina). / Declaración jurada de ingresos (caso de no tener nómina).

-Informe de vida laboral que expide a Tesourería da Seguridade Social. / Informe de vida laboral que expide la Tesorería de la Seguridade Social.

-Sentencia de separación ou divorcio e convenio regulador, se é o caso. / Sentencia de separación o divorcio y convenio regulador en su caso.

-Certificado de signos externos, expedido polo Concello. / Certificado de signos externos, expedido por el Ayuntamiento.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou tarxeta de residencia. / Fotocopia del DNI o pasaporte, o tarjeta de residencia.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LA SOLICITUDE / INSTRUCCIONES PARA CUMPLIMENTAR LA SOLICITUD

(1) Se é casado/a, cubra o apartado I-B / Si es casado/a, cumplimente el apartado I-B.

(2) Deixar sen cubrir, se coincide co do solicitante. / Si coincide con el del/de la solicitante, déjelo en blanco.

(3) Salarios, pensións de xubilación ou invalidez, baixas por incapacidades, prestacións de desemprego, dividendos de accións e obrigas, rendas por arrendamentos, bolsas, etc. / Salarios, pensiones de jubilación o invalidez, bajas por incapacidades, prestaciones de desempleo, dividendos de acciones y obligaciones, rentas por arrendamientos, becas, etc.

(4) Vivenda que serve de domicilio, outras vivendas, leiras, predios, prazas de aparcamento, locais comerciais ou industriais, etc. / Vivienda que sirve de domicilio, otras viviendas, fincas, solares, plazas de aparcamiento, locales comerciales o industriales, etc

(5) Valor de mercado, valor escriturado ou valor catastral. / Valor de mercado, escriturado ou catastral.

(6) Hipotecas o créditos que graven ese ben. / Hipotecas o créditos que graven ese bien.

(7) Automóbiles, ciclomotores, lanchas, barcos, alfaias, etc. No caso de vehículos a motor, indicar marca e modelo. / Automóviles, ciclomotores, yates, joyas, etc. En caso de vehículos a motor, indique la marca y el modelo.

(8) Valor de mercado / Valor de mercado.

(9) Datos non incluídos nos apartados anteriores de transcedencia económica familiar. Exemplos: declarante ou familiares con grandes discapacidades declaradas ou demostrables, estado de saúde, obrigas que pesen sobre o/a declarante, custo do proceso, retención xudicial por pagamentos de pensións compensatorias e alimentarias, etc. / Datos no incluídos en apartados anteriores de trascedencia económica familiar. Ejemplos: declarante o familiares con grandes discapacidades declaradas o demostrables, estado de salud, obligaciones que pesen sobre el/la declarante, coste del proceso, retención judicial por pagos de pensiones compensatorias y alimentarias, etc.

(10) Cubrir só cando concorra algún dos supostos excepcionais que establece o artigo 15 do Decreto ... / Cubrir sólo cuando concurra alguno de los supuestos excepcionales que contempla el artículo 15 del Decreto ...

(11) Riscar cun «x» os documentos que se xuntan á solicitude. / Marcar con una «x» los documentos que se acompañen a la solicitud.

OUTROS PROCEDEMENTOS / OTROS PROCEDIMIENTOS

¿Tivo outro procedemento xudicial con avogado de oficio? SI NON

¿Tuvo otro procedimiento judicial con abogado de oficio? SI NO

Nome do avogado ...................... Motivo: .................

Nombre del abogado Motivo:

Declaro que os devanditos datos son verdadeiros, completos e sen ningunha omisión e que só pretendo litigar por dereitos propios. / Declaro que los datos mencionados son verdaderos, completos y sin ninguna omisión y que sólo pretendo litigar por derechos propios.

..., ... de ... de 199...

(Sinatura)

(Firma)

NOTA IMPORTANTE: / NOTA IMPORTANTE:

Os cuestionarios adxuntos deberán ser cubertos por duplicado e integramente, con valor de declaración xurada. / Los cuestionarios adjuntos deberán ser cumplimentados por duplicado e íntegramente, con valor de declaración jurada.

DOCUMENTOS QUE SE XUNTAN Á SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA / DOCUMENTOS QUE SE ADJUNTAN A LA SOLICITUD DE ASISTENCIA JURÍDICA GRATUITA

Copia do DNI, pasaporte ou, se é o caso, tarxeta de residencia. / Copia del DNI, pasaporte o, en su caso, tarjeta de residencia.

Copia do libro de familia. / Copia del libro de familia.

Copia do recibo de alugueiro. / Copia del recibo del alquiler.

Copia da sentencia de separación ou divorcio e, se é o caso, do convenio regulador. / Copia de la sentencia de separación o divorcio y, en su caso, del convenio regulador.

Nómina do último mes ou certificación do INEM acreditativa de estar en situación de desemprego ou de percepción de prestacións, se é o caso. / Nómina del último mes o certificación del INEM acreditativa de estar en situación de desempleo o de percepción de prestaciones, en su caso.

No caso de pensionistas: Certificación do INSS, ISM, ONCE relativa ás prestacións que percibe. / En el caso de pensionistas: Certificación del INSS, ISM, ONCE relativa a las prestaciones que percibe.

Copia da declaración do IRPF dos membros da unidade familiar correspondente ó último ano ou, se é o caso, certificación negativa expedida pola Delegación de Facenda. / Copia de la declaración del IRPF de los miembros de la unidad familiar correspondiente al último año, o, en su caso, certificación negativa expedida por la Delegación de Hacienda.

Informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. / Informe de vida laboral expedido por la Tesorería General de la Seguridad Social.

Certificación de Facenda relativa á declaración do imposto sobre o patrimonio dos membros da unidade familiar. / Certificación de Hacienda relativa a la declaración del impuesto sobre patrimonio de los miembros de la unidad familiar.

Certificación de Facenda relativa ó catastro e ó imposto de actividades económicas. / Certificación de Hacienda relativa a catastro y al impuesto de actividades económicas.

Certificado de signos externos da unidade familiar expedido polo Concello onde estea localizado o domicilio. / Certificado de signos externos de la unidad familiar expedido por el Ayuntamiento donde esté localizado el domicilio.

Outros / Otros

ANEXO II

MÓDULOS E BASES DE COMPENSACIÓN ECONÓMICA

BAREMOS PARA O ANO 1997

Avogados/Tipoloxía

1997
Asistencia ó detido ou preso
Asistencia ordinaria ó detido11.385
Servicio de garda permanente
Xurisdicción penal
Procedemento ordinario (sumario)45.000
Procedemento abreviado28.980
Procedemento ante o tribunal do xurado (*)40.000
Menores17.595
Expediente de vixilancia penitenciaria17.595
Xuízo de faltas8.280
Xurisdicción civil
Maior contía51.750
Restantes procedementos contenciosos24.000
Procedemento matrimonial-contencioso completo40.000
Mutuo acordo19.000
Expedientes de xurisdicción voluntaria17.595
Contadores-partidores dirimentes15.000
Xurisdicción contencioso-administrativa
Recurso contencioso-administrativo27.000
Xurisdicción social
Procesos laborais (ordinarias e especiais)20.000

Xurisdicción militar
Proceso íntegro25.875
Recursos
Recursos de apelación e suplicación15.000
Recursos de casación31.050
Recursos de casación cando non se formaliza e hai só anuncio3.105
Recurso de amparo31.050
Actuacións extraprocesuais
Transaccións estraxudiciais75% da contía aplicable ó procedemento
Informe motivado de insustentabilidade da pretensión9.000
Desistencia previa ó proceso por pasividade do interesado, estudio e preparación do asunto, logo da presentación da demanda30% da contía aplicable ó procedemento
Normas xerais
Avinza30% da contía aplicable ó procedemento
Execución da sentencia posterior ós dous anos de dictada resolución xudicial30% da contía aplicable ó procedemento
Desprazamento ás audiencias provinciais e xulgados do penal de avogados doutros partidos xudiciais para a asistencia ó xuízo oral, en instancia ou en recurso, incrementará o baremo en5.175

(*) Ó módulo expresado engadiráselle unha retribución diaria, a partir do segundo día inclusive, coa mesma cuantificación que a prevista para as funcións dos xurados no R.D. 385/1996, do 1 de marzo. (9.300).

Procuradores/Tipoloxía

Xurisdicción penalTódolos procesos3.000
Outras xurisdicciónsProceso matrimonial-contencioso completo4.500
Restantes procedementos2.500
Segunda instanciaTodo tipo de procesos2.000

ANEXO III

MOMENTO DO DEVENGO DA COMPENSACIÓN ECONÓMICA

Os avogados e procuradores devengarán o 100% da compensación económica correspondente á súa actuación profesional cando acrediten a realización dalgún dos seguintes trámites procesuais:

a) En materia de asistencia letrada o detido ou preso, unha vez finalizada a intervención profesional e se

presente parte do avogado selado polo órgano xudicial ou policial onde se verificou a asistencia, cos seguintes datos como mínimo:

-Nome e número de colexiado do avogado.

-Nome e DNI do asistido ou asistidos. En caso de extranxeiros, nº de pasaporte ou tarxeta de residencia.

-Motivo polo que é asistido e, se é o caso, da detención e número de dilixencias policiais ou xudiciais.

Cando o colexio de avogados teña establecida unha quenda de garda, pagarase unha única compensación por cada quenda de garda. Se o número de asistencias realizadas a persoas diferentes é superior a cinco dentro dunha mesma garda, o avogado percibirá unha compensación equivalente ó dobre do módulo establecido, sexa cal sexa o número de asistencias realizadas.

b) Nos procesos penais, a presentación da copia da dilixencia ou solicitude da actuación procesual na que interveña o letrado ou procurador ou a apertura do xuízo oral.

c) Nos procesos civís, a presentación da copia da providencia de admisión da demanda ou de ter por formulada a contestación dela.

d) Nos demais procesos, a presentación da copia da dilixencia xudicial acreditativa da intervención do avogado ou procurador dos tribunais.

e) Nas apelacións civís, a presentación da copia da providencia admitindo a trámite o recurso ou, se procede, a comparecencia ante a sala.

Nas apelacións penais, á presentación da copia da resolución xudicial tendo por formalizado ou impugnado o recurso ou o sinalamento para a vista.

f) Nos recursos de casación formalizados, a presentación da copia da providencia pola que se teña por interposto o recurso.

Nos anuncios de recurso de casación que non chegan a ser formalizados, a presentación da copia do anuncio do recurso, debidamente xustificada.

g) Nas transaccións estraxudiciais e informe de insustentabilidade de pretensión, a presentación do documento de transación subscrito polos interesados ou do informe da insustentabilidade dirixido ó colexio.

h) Nas desistencias extraxudiciais por pasividade do interesado, a presentación de xustificación escrita do letrado.

i) Nas execucións de sentencias que se produzan transcorridos máis de dous anos despois de dictada resolución xudicial, presentación da copia de petición de execución, debidamente acreditada.

Os documentos referidos poderán ser substituídos pola copia selada polo órgano xudicial da primeira folla do escrito presentado.

4205