Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 2 de xuño de 1997 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 47/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a elas tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia cotexada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta comunidade autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o funcionario seleccionado no puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do seguinte ó do cesamento, que deberá

producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

Código do posto: AG.A01.00.000.15770.001.

Nivel: 30.

C. Espec.: 2.229.156.

Grupo: A.

Corpo: xeral.

Denominación do posto: secretario/a xeral.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulación académica/formación específica: diploma de directivo.

Código do posto: AG.A01.00.000.15770.024.

Nivel: 25.

C. Espec.: 1.147.368.

Grupo: ABC.

Corpo: xeral.

Denominación do posto: xefe sección persoal e habilitación.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulación académica/formación específica: Exper. xestión persoal. Exper. réxime interior.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 5.899

4638