Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colector de marxe de ría - treitos nove e dez. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Cubiertas y MZOV, S.A.

Orzamento: 350.257.740 ptas.

-Colectores e E.D.A.R. en Luíntra. (Nogueira de Ramuín-Ourense).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 94.397.945 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do proxecto de solucións ós problemas de inundacións no concello de Valga e saneamento integral.

Adxudicatario: (UTE) CYGSA e Proyectos y Obras de Galicia, S.A.

Orzamento: 15.918.221 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

4683