Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Graniteiros.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do R.D. 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 26 de maio de 1997 certificación expedida polo secretario da devandita asociación. Agustín García-Montón Pulido, avalada, co visto e prace do seu presidente José

Vila Noal, na que se reflicte o acordo de modificación total dos estatutos acadada por unanimidade na asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar o día 25 de abril de 1997.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4409