Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as contratacións seguintes: amoblamento das casas de cultura de Trazo (A Coruña) e Abadín (Lugo), e proxecto básico e de execución da restauración da igrexa de San Agostiño en Santiago de Compostela.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións seguintes:

-Amoblamento das casas de cultura de Trazo (A Coruña) e Abadín (Lugo).

-Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Fianza provisional: sesenta mil pesetas (60.000 ptas.).

-Proxecto básico e de execución da restauración da igrexa de San Agostiño en Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación: trinta e cinco millóns setecentas setenta e sete mil cincocentas cincuenta e catro pesetas (35.777.554 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Exposicións da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláu

sulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

4833