Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/43-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Narahio, S.A.

Enderezo social: Vista Alegre-Doso, 15577 Narón.

Denominación: acometida en Revolta.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 Voltios de 150 m de lonxitude en conductor R.Z. de 50 e 2x25 mm Al, para dar servicio á vivenda de Manuel Permuy Barbero, que parte da R.B.T. existente de Revolta e final no predio de Manuel Permuy B. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4698