Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción pavillón polideportivo 2ª fase, no concello de Zas (A Coruña), e dúas máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anun

cia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Zas (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cincuenta e seis millóns cincocentas nove mil catrocentas oitenta e dúas pesetas (56.509.482 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría d.

3. Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, en Caión, concello de Laracha (A Coruña).

a) Prazo de execución: oito (8) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cincuenta e dous millóns vintedúas mil duascentas noventa e nove pesetas (52.022.299 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos, categoría d.

4. Obxecto do contrato:

Obras varias en instalacións deportivas no concello de Muxía (A Coruña).

a) Prazo de execución: oito (8) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cincuenta millóns novecentas cincuenta e tres mil novecentas quince pesetas (50.953.915 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría d.

5. Outros requisitos:

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Garantía provisional:

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida, quedan eximidos de presta-la garantía provisional (artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

7. Obtención de documentación e información:

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

A obtención de copias dos proxectos técnicos e dos pregos de cláusulas poderá solicitarse directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2, Santiago de Compostela (teléfono: 59 03 02).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

9. Apertura de ofertas:

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios: Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

4541