Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 18 de xuño de 1997 Páx. 5.863

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan, para o acto de elección de destino, ós aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste organismo.

O apartado oitavo das bases das resolucións do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), polas que se convocan senllos concursos-oposicións para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que, unha vez recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías correspondentes, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se lles ofrecen ós aspirantes selec

cionados e cítanse estes para o acto de elección de destino.

Recibidas neste centro directivo, dos respectivos tribunais, as propostas de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías de grupo de xestión da función administrativa, traballador social, fisioterapeuta, cociñeiro, TEL, TER, TEAP, auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, telefonista, electricista, mecánico, calefactor, celador e pinche, procede agora publicar no Diario Oficial de Galicia a oportuna resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan en cada unha das categorías e se citan os aspirantes seleccionados para a elección de destino.

Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de prazas vacantes que se lles ofertarán ós aspirantes seleccionados nos concursos-oposicións de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por resolucións do 18 de maio e do 19 de xuño de 1995 que, para cada unha das categorías correspondentes, se inclúen nos anexos da presente resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e nas contías vixentes no Servicio Galego de Saúde.

Nas categorías de xestión da función administrativa, traballador social, auxiliar da función administrativa, electricista e celador que se ofertan nas xerencias de atención primaria, indícanse no respectivo anexo as localidades onde se sitúan as prazas ofertadas. As prazas da categoría de traballador social, malia teren o seu lugar habitual de traballo na localidade sinalada, prestan atención tamén a outros municipios da área.

Segundo.-Convócanse tódolos aspirantes seleccionados nas categorías de grupo de xestión da función administrativa, traballador social, fisioterapeuta, TEL, TER, TEAP, cociñeiro, auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, telefonista, mecánico, calefactor, electricista, celador e pinche, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia en favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accedesen polo sistema de promoción interna.

Para os únicos efectos de elección de destinos, os aspirantes que, de se-lo caso, superaron o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

Terceiro.-O acto de elección de destinos celebrarase nos lugares e horas que a continuación se indican para cada unha das categorías:

Día: 23 de xuño de 1997.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Ás 10 horas: categoría: traballador social.

Ás 12 horas: categoría: grupo de xestión da función administrativa.

Ás 12.30 horas: categoría: fisioterapeuta.

Ás 13 horas: categoría: TEL.

Ás 13.30 horas: categoría: TER.

Ás 14 horas: categoría: TEAP.

Día: 24 de xuño de 1997.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Hora: ás 10 horas.

Categoría: grupo auxiliar da función administrativa.

Hora: ás 17 horas.

Categoría: auxiliar de enfermería.

Día: 25 de xuño de 1997.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Hora: ás 10 horas.

Categoría: celador.

Día: 25 de xuño de 1997.

Lugar: nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

Ás 17 horas: categoría: pinche.

Ás 17.30 horas: categoría: cociñeiro.

Ás 17.45 horas: categoría: calefactor.

Ás 18 horas: categoría: mecánico.

Ás 18.15 horas: categoría: telefonista.

Ás 18.30 horas: categoría: electricista.

Cuarto.-O dito acto de elección someteráse ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

A este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino definitivo ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde mediante comparecencia expresa do que dá o poder e do apoderado.

d) Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos apartados anteriores.

e) No suposto de que algún dos aspirantes seleccionados estivese desenvolvendo outro posto de traballo no sector público, poderá solicitar por escrito, no dito acto de elección, o pase á situación administrativa que corresponda. Para tal efecto, xunto coa solicitude deberá presentar certificación acreditativa de atoparse en situación de activo noutro posto de traballo do sector público, con referencia ó día anterior ó da celebración do dito acto de elección de destino.

Quinto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das respectivas convocatorias.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

CategoríaC.H. Juan

Canalejo

C.H.

Arquitecto

Marcide

C.H. Xeral

de Galicia

C.H. Xeral

Calde

H. da Costa

Burela

H. Comarcal

Monforte

de Lemos

C.H. Cristal

Piñor

H. Comarcal

Valdeorras

H.

Montecelo

H.

Meixoeiro

C.H. Xeral

Cíes

Total

Xestión da F. Admva.1121117
Traballador social2112113121217
Fisioterapeuta113411112
Cociñeiro12126
TEL322213126325
TER312311223321
TEAP1113

CategoríaC.H. Juan

Canalejo

C.H.

Arquitecto

Marcide

C.H. Xeral

de Galicia

C.H. Xeral

Calde

H. da Costa

Burela

H. Comarcal

Monforte

de Lemos

C.H. Cristal

Piñor

H. Comarcal

Valdeorras

H.

Montecelo

H.

Meixoeiro

C.H. Xeral

Cíes

Total

Auxiliar enfermería3872620531238919150
Auxiliar da F. Admva.21812164373141420122
Telefonista11125
Electricista111115
Mecánico1212118
Calefactor1111116
Celador155131553111101014102
Pinche443112621

CentroLocalidadeXestión da

F. Admva.

Traballador

social

Auxiliar da

F. Admva.

ElectricistaCelador

XAP CoruñaA Coruña1459
Área A CoruñaArteixo1
Betanzos1
Cambre1
Carballo111
Culleredo1
XAP CoruñaFerrol2144
Área FerrolNarón11
Ortigueira12
Pontedeume2
XAP SantiagoArzúa4
Muros11
Noia1
Ordes4
Ribeira1
Santiago de Compostela227
XAP LugoBurela1
Chantada1
Guitiriz1
Lugo22614
Monforte de Lemos1
Quiroga2
Ribadeo11
Viveiro1

CentroLocalidadeXestión da

F. Admva.

Traballador

social

Auxiliar da

F. Admva.

ElectricistaCelador

XAP OurenseBande2
Celanova1
Coles2
Ourense2431
Ribadavia11
Viana do Bolo2
Xinzo de Limia4
XAP PontevedraA Estrada1
Área PontevedraCaldas de Reis4
Cambados1
Lalín1
Marín1
O Grove14
Pontevedra212
Sanxenxo1
Vilanova de Arousa1
Vilagarcía de Arousa1
XAP PontevedraA Cañiza1
Área VigoCangas3
Ponteareas1
O Porriño1
Redondela3
Tui11
Vigo443
Total113448163

4689