Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 29 de maio de 1997 polo que se comunica resolución de incumprimento iniciado á empresa J.T. Alcalde, S.L., expediente 1/93.0097.8524.N.442022460 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa J.T. Alcalde, S.L. titular do expediente 1/93.0097.8524.N.442022460 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista, que con data do 13 de decembro de 1996, a Dirección Xeral do Igape acordou resolver:

«1. Declarar parcialmente incumpridas as condicións na concesión de subsidiación ó tipo de xuro á empresa J.T. Alcalde, S.L. ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas do ano 1993, dado que non se xustifica a realización da totalidade dos investimentos comprometidos. A parte adecuadamente xustificada ascende a 11.295.609 ptas., á que corresponde un préstamo subsidiado dun máximo de 7.907.000 ptas., importe inferior ó aprobado.

2. Modifica-la resolución de concesión da subsidiación ó tipo de xuro obxecto de expediente de incumprimento parcial, en proporción ó seu alcance,

de forma que as condicións da subsidiación serán as seguintes:

Nº expediente: 1/93.0097.5824.N.442022460.

Xuro: 12%.

Prazo: 7 anos; 12 meses de carencia.

Puntos de subsidiación concedidos: 3,5.

Préstamo subsidiado: 7.907.000 ptas.

Investimento proxectado: 11.295.609 ptas.

3. De conformidade co disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992 de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1993 (cláusula 12), a empresa J.T. Alcalde, S.L. deberá reintegrar ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o seu ingreso na conta de Caixa Galicia nº 2091.0388.3110006317/2, o seguinte importe:

-186.132 ptas., correspondentes ó importe da subvención percibida indebidamente.

-32.756 ptas., en concepto de xuros devengados polas cantidades indebidamente percibidas desde o momento do seu aboamento.

Total a reintegrar: 218.000 ptas.

O detalle da liquidación que debe reintegrar incorpórase a esta resolución como anexo.

No caso de recibir esta notificación entre os días 1 e 15 de mes, deberá ingresa-la citada cantidade desde a data da presente notificación ata o 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; no caso de recibila entre os días 16 e último de mes, deberá efectua-lo ingreso ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados esixiranse en vía de apremio, computándose, se é o caso, como pagamentos a conta as cantidades aboadas fóra de prazo.

4. De conformidade co artigo 79 da Lei 11/1992. do 7 de outubro, suspéndese o aboamento da subsidiación concedida, mentres non conste totalmente reintegrada a cantidade debida.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes (Arts. 107 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común); transcorridos tres meses desde a súa interposición sen que recaia resolución, poderá entenderse desestimado, quedando aberta a vía xurisdiccional ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo da resolución de declaración de incumprimento en aplicación de cantidades percibidas

como subsidiación ó tipo de xuro e reclamación do percibido indebidamente

Entidade/titular: J.T. Alcalde, S.L.

Expediente: 1/93.0097.8524.N.442022460

Liquidación de xuros e principal

Data cobroDif. subvenciónDías 93Días 94Días 95Días 961993199419951996Total

4-5-199547.4952413483.4975.0508.548
4-5-199543.0032413483.1674.5737.739
4-5-199524.9532413481.8382.6534.491
4-5-199524.9532413481.8382.6534.491
4-5-199525.3142413481.8642.6924.556
31-8-199520.414122348 7612.1712.932
Total principal186.132
Total xuros12.964 19.792 32.756
Total que debe ingresar218.888

Tipo de xuros de demora (segundo Lei 230/1963, xeral tributaria, e Lei 25/1995, de modificación parcial

da Lei xeral tributaria)

Período1991 ó 93199419951996
Tipo12,00%11,00%11,00%11,00%

4348