Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 29 de maio de 1997 polo que se comunica trámite de audiencia no expediente de incumprimento iniciado á empresa Suárez Vázquez, Javier, expediente 1/93.0031.0001.N.0030003482 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo

presente edicto ponse en coñecemento da empresa Suárez Vázquez, Javier, titular do expediente 1/93.0031.0001.N.0030003482, relativo á subvención ó tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista que, con data do 30 de setembro de 1996, a Dirección Xeral do Igape, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha vez instruído o procedemento de incumprimento de condicións de concesión de subsidiación ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas do ano 1993 (DOG nº 59, do 29 de marzo de 1993), acordou iniciar trámite de audiencia.

O expediente pónselle de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado, nº 16, baixo, logo de petición de hora, ó teléfono (981) 54 11 52 de luns a venres de 8.30 a 14 horas e concédeselle un prazo de quince días para que alegue e presente os documentos xustificantes que considere pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

4413