Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Torible, número 5848.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 12 de maio de 1997, foi outorgado o permiso de investigación Torible, número 5848, de 7 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no concello de Lugo, da provincia de Lugo.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 14 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4398