Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 17 de xuño de 1997 Páx. 5.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/10-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto (2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui

Enderezo social: A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Palláns.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Ponte Romana, rematando no C.T. que se proxecta en Palláns, concello de Tui. C.T., de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4437