Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de decembro de 1995, pola que se procede a fixala-data, a hora e o lugar de celebración do cuarto exercicio das ditas probas selectivas.

En sesión conxunta celebrada o día de hoxe polos dous tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto na base II.2.2 da convocatoria:

1. Que o cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, consistente na resolución dun suposto práctico á elección do aspirante de entre dous, que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre seis elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido do programa, terá lugar o día 22 de xuño de 1997, ás 9.30 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario Sur, (r/ Mestre Mateo, s/n) nas aulas «nova» e «2», sitas na planta baixa do edificio. A entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 8.30 horas.

Só poderán comparecer á súa realización os opositores que superasen o terceiro exercicio.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de catro horas.

2. De acordo coa base II.3.3, os aspirantes serán convocados en chamamento único.

3. Así mesmo, deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (base II.2.3) e, en calquera momento, poderán ser requiridos polos tribunais coa finalidade de acredita-la súa personalidade (base II.3.2).

4. Finalmente, os opositores tamén deberán comparecer provistos de bolígrafo ou pluma estilográfica.

Para a realización deste exercicio, os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Joaquín López Rúa-SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

4582