Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 2 de xuño de 1997 pola que se concede un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas económicas destinadas a subvencionar organizacións non gobernativas que colaboren con institucións penitenciarias galegas na reeducación e reinserción social dos internos que se atopan en réxime aberto ou en período inmediato á súa posta en liberdade, convocadas pola orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 24 de abril de 1997 (DOG número 85, do 6 de maio).

Por Orde do 24 de abril de 1997 (DOG do 6 de maio) anunciáronse axudas económicas destinadas a subvencionar organizacións non gobernativas que colaboren con institucións penitenciarias galegas na reeducación e reinserción dos internos que se atopen en réxime aberto ou en período inmediato á súa posta en liberdade, sendo desexo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais acadar un alto grao de colaboración coas devanditas organizacións e coas institucións penitenciarias galegas, e co fin de que o maior número posible de internos se beneficie da asistencia por elas prestada,

DISPOÑO:

Artigo único.-Concédese un novo prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes de axudas económicas ó abeiro da orde desta consellería do 24 de abril de 1997 (DOG nº 85, do 6 de maio), segundo o modelo que figura como anexo á dita orde, e de acordo cos criterios establecidos nela.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Administración Local para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións oportunas para a correcta aplicación desta orde.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

3845