Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 16 de xuño de 1997 Páx. 5.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

Por Real decreto 3049/1980, do 12 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 2 de febreiro de 1981), foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento a igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, así como dos órganos consultivos da Consellería de Cultura e Comunicación Social en materia de bens culturais, sendo uns e outros favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María, no concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Continua-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Cuarto.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Xunqueira de Espadanedo, provincia de Ourense, e notificarlle que segundo o disposto no artigo 10.3 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «a incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto do ben afectado, a aplicación inmediata e provisional de réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademais, será aplicable o estipulado no artigo 35.1 da presente lei».

Quinto.-Notificárlle-la presente resolución ós interesados, ó rexistro xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Sexto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de un mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comezamos polo nordés da capital.

1-2. Trazámo-la delimitación seguindo como límite do contorno protexido a estrada que vai desde Reboreda a Barrio. l atópase no cruzamento entre esta estrada e o camiño de Lagás que entra en Xunqueira. 2 atópase ó sur no cruzamento que desde esta estrada e perto ó núcleo de Barrio sae tamén para Xunqueira.

2-3. Desde 2 segue a delimitación pola estrada de Barrio ata entrar xa en Xunqueira. 3 achámolo no recanto nordés da parcela municipal 02 no polígono 32.62.0 do catastro de urbana, considerando esta fora da delimitación.

3-4. Continuamos polo límite norte da devandita parcela ata 4 que se acha ó remate deste fronte.

4-5. Delimitación polo camiño Cagallas e límite norte de parcelas 03 e 04 do polígono 31.61.0 do catastro de urbana, quedando estas fóra da delimitación.

5-6. Delimitación seguindo unha banda de 15 m desde o eixe da rúa Obellariza, que protexe un anaco dos soares 06 e 05 do polígono 31.61.0 segundo catastro de urbana.

Seguimos nesa banda de 15 m no polígono 30.60.5 nas parcelas 01, 02, 03 e xa fóra do contorno protexido a parcela 04 deste polígono sérvenos como límite para fixa-lo punto 6.

6-7. Cruzámo-la rúa ata atopa-lo punto 7 que se acha a 15 m do eixe da rúa Obellariza e con límite no fronte norte do soar 12 do polígono 30.61.4, fóra do contorno protexido.

7-8. Seguimos protexendo unha banda de 15 m desde o eixe da rúa que pasa polos soares 11, 10, 09, 08, 07, 06, 05, 04 e 03 do polígono 30.61.4, e ó pasar pola travesa de Obellariza, a delimitación segue coa banda de 15 m desde o eixe da rúa, no polígono 31.62.7 cos soares 13, 12, 11, 10, 09, 08, 07, 06, 05, 04, 03, 02 e 01.

8-9. No polígono 31.63.6 a delimitación ten por límite os soares 13, 12, 11, 10, 09, 08, 07, 06, 05, 04, 03, 02 e 01, que quedan contidos na protección, ata o Camiño de Veiga no que seguimos no polígono 30.64.0, sendo o límite da protección os soares 26, 23, 27, 28, 18, 17, 16 e 12, contidos eles mesmos na protección.

9-10. Cruzamo-la rúa da Touza ata acha-lo polígono 31.64.7, e o límite vai polos soares 18 e 17 do mesmo polígono, estes fóra da protección.

10-11. Límite da protección no polígono 31.64.7 cos soares 16, 03, 04, 05, 06, 07 e 08, todos eles protexidos.

A seguir continuamos polo polígono 31.64.6 do catastro de urbana cos soares 03, 01 e 02 que delimitan o contorno e se inclúen na protección, ata

o soar 23 do polígono 31.63.0 onde atopámo-lo punto 11.

11-12. Delimitación pola estrada da Barreira no fronte norte do polígono 31.63.0 cos soares 23 e 01 de borde da delimitación e contidos nela. 12 atopámo-lo no cruzamento do camiño de Lagás coa estrada de Graña.

12-1. Desde 12 seguindo o camiño de Lagás ata atoparnos con 1 no seguinte cruzamento.

4538