Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de diverso material para o tráfico rodado e de viandantes na cidade.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S97/63.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: diverso material para o tráfico rodado e de viandantes na cidade.

b) Número de unidades que hai que entregar:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: o prazo de entrega fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a trinta días.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.028.961 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 120.579 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: plaza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1. Entidade: véxase punto 1.

2. Enderezo: véxase punto 6 b.

Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si, ata un máximo de tres.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de diverso material para ó tráfico rodado e de viandantes na cidade».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de maio de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4507