Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de maio de 1997 pola que se anuncia poxa procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros en Feáns.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras.

b) Número de expediente: O97/34.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros en Feáns.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 24.872.648 (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 497.453 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa» ) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros en Feáns.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de maio de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4565