Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997 pola que se anuncia a adxudicación, polo procedemento aberto, dun contrato de traballos específicos e concretos non habituais consistentes na implantación de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no Laboratorio de Consumo de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C97001.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: traballos específicos e concretos non habituais.

Descrición do obxecto: realización dos traballos específicos necesarios para a implantación de programas de control de calidade na sección de microbioloxía no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 17 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns novecentas mil pesetas (9.900.000 ptas.).

5. Adxudicación.

Contratista: declarado deserto polo órgano de contratación.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

4549