Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas que se citan. (Clave OH.027.271/A.T. e dúas máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para estudio, planificación e redacción anteproxectos abastecemento ós concellos do norte de Lugo.

Clave: OH.027.271/AT.

Orzamento: dezasete millóns trescentas noventa e tres mil corenta pesetas (17.393.040).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

2. Asistencia técnica para a revisión e actualización do plan de saneamento de Galicia.

Clave: OH.088.149/AT.

Orzamento: trinta e cinco millóns vintesete mil seiscentas cincuenta pesetas (35.027.650).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría B.

3. Asistencia técnica para apoio técnico ó departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Clave: OH.088.150/AT.

Orzamento: trinta e cinco millóns sesenta e dúas mil cento sesenta pesetas (35.062.160).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día catorce (14) de xullo de 1997.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vintecatro (24) de xullo de 1997.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo

Augas de Galicia

4583