Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.915.400 e tres máis).

A) Obra.

1. Xardín didáctico de Acuaciencia. (Ferrol-A Coruña).

Clave: OH.915.400.

Orzamento: cento sesenta e dous millóns trescentas setenta e seis mil setecentas oitenta e cinco pesetas (162.376.785).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría e.

grupo K, subgrupo 6, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Complementario número dous do proxecto de saneamento integral de Cabañas-Pontedeume (A Coruña).

Clave: OH.315.401.

Orzamento: cento sesenta e sete millóns setecentas trinta e nove mil trescentas oitenta e tres pesetas (167.739.383).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento do río Arnoia en Baños de Molgas (Baños de Molgas-Ourense).

Clave: OH.332.309.

Orzamento: cento vintecatro millóns catrocentas setenta e sete mil cincocentas cinco pesetas (124.477.505).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento e saneamento en Novas, mosteiro de Gundín, Seoane, Fiestras e arteria xeral (Xinzo de Limia-Ourense).

Clave: OH.532.314.

Orzamento: cento oitenta e seis millóns setecentas trinta e unha mil cincocentas cincuenta e oito pesetas (186.731.558).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día catro (4) de xullo de 1997.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día catorce (14) de xullo de 1997.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo

Augas de Galicia

4581