Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun servicio por concurso público, mediante procedemento aberto, para a restauración e limpeza do campamento xuvenil Penedos de Xacinto, en Entrimo (Ourense).

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte servicio:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 4/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza das instalacións do campamento xuvenil Penedos de Xacinto.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 4-4-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.400 (mil catrocentas) ptas./praza/día, co IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 15-5-1997.

b) Contratista: Serunión, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 1.150 (mil cento cincuenta) ptas./praza/día, co IVE incluído.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que fai público para os efectos do previsto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

4578