Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos que se dirán. (LU-E-343/97 e dous máis).

Notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non llelo poder notificar por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase de seguido:

EmpresaNIFNº Expte.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charqes e secretaria a xefa de Negociado, Inés Docando Casanova, poidendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE 27-11-1992).

O interesado disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notifi

cación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE 9-8-1993), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Lugo, 15 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

4208