Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 25-4-1997, acordou por unanimidade:

a) Aprobar inicialmente o proxecto técnico da obra acometida de saneamento desde a rúa Juan Fuentes ata o colector por rúa de nova apertura, redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens e con visado colexial do 19-11-1996.

b) A declaración da utilidade pública das obras correspondentes ó antedito proxecto.

c) A iniciación do expediente de expropiación forzosa de servidume para o paso da rede de saneamento, no que se aprobe a relación concreta de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio nº 1.

Propietario: Manuel Piñeiro Ande.

Situación: Santo Tomás (Caldas de Reis).

Tipo de terreo: solo non urbanizable.

M de afección: 294 m.

Predio: nº 2.

Propietario: María Bernando.

Situación: Santo Tomás (Caldas de Reis).

Tipo de terreo: solo non urbanizable.

M de afección: 169,40 m.

Predio nº 3.

Propietario: Pilar Domato Alonso.

Situación: Santo Tomás (Caldas de Reis).

Tipo de terreo: solo non urbanizable.

M de afección: 84 m.

d) Declara-la necesidade de ocupación dos ditos bens. O que se fai público para efectos de que durante o prazo de 15 días a partir da publicación deste anuncio, poidan os interesados formula-las alegacións que consideren oportunas.

e) Solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa.

Caldas de Reis, 6 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

3849