Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 1997, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura con fronte a rúa José Salgado, promovido por Ana Mª Moreira e Mª Teresa Cabrejas, e redactado polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar, exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Caldas de Reis, 6 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

3795