Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Allibert Industria, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Allibert Industria, S.A. (código nº 3200442) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 30-4-1997, subscrito en representación da parte económica, pola empresa e, da parte social, polo comité, en xuntanza celebrada o día 28-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 6 de maio de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, e o comité de empresa da factoría de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, o ámbito territorial do convenio

é o da empresa Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e calquera outro centro que no futuro se instale na provincia de Ourense durante a vixencia deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colidan coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán o día 1 de xaneiro de 1997.

Terá unha vixencia dun ano, que expira o 31 de decembro de 1997.

Ámbalas partes asinantes comprométese a inicia-la negociación dun novo convenio un mes antes de finaliza-la súa vixencia, sempre e cando se denunciase o convenio con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano se non media denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no art. 85.2º e do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa e tres vocais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a compoñen; para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta.

En caso de non haber acordo farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir coa súa reclamación ante a xurisdicción competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio no que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto das bases de cotización á Seguridade Social, aplicarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, que deberá quedar no seu poder cunha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense estará encadrado nas categorías profesionais que determina a Ordenanza de traballo para a industria química e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de xeito distinto, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá

as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que, de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo nun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se despois cesa na súa función, manteráselle, co carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artículo 13º.-Ascensos.

Aplicarase o disposto na Ordenanza para a industria química, coas seguintes puntualizacións:

A) Promoción automática á categoría superior:

Para as categorías que se indican a seguir os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal se poderán prepara-los traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar a concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se pretenden cubrir dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso-oposición constituirase unha comisión cualificadora como máis adiante se especifica.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro de persoal:

As vacantes que se produzan por este motivo cubrianse nun 100% por concurso-oposición.

Se como consecuencia do concurso-oposición quedasen prazas vacantes, estas serán cubertas por libre designación da empresa.

O concurso oposición rexerase polo punto B do presente artigo, sendo, no caso que nos ocupa, concurso libre e tendo preferencia para cubri-las ditas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

D) Promoción de oficiais á categoría superior:

Os traballadores coa categoría de oficial ascenderán na súa escala, logo de exame práctico, á categoría inmediata superior sempre e cando teñan acreditada unha antigüidade de 6 anos na categoría inmediata inferior.

Este ascenso producirase automaticamente sen necesidade de exame práctico cando nos casos en que, cumpríndose a condición dunha antigüidade acreditada de 6 anos nunha determinada categoría profesional, o oficial reúna a xuízo da empresa a experiencia e coñecementos necesarios para desempeñar unha categoría superior.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nas alíneas B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das aptitudes profesionais exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Ós declarados aptos recoñeceráselle-la nova categoría para tódolos efectos o día 1 do mes seguinte ó da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, aínda que procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitadas polo persoal do cadro.

Os traballadores coa categoría de especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados

a petición propia a outros postos que no presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nos ditos postos.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Aplicarase a normativa legal vixente.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitiralle a cada traballador desfrutar de días de permiso retribuído en función da súa asistencia ó traballo, conforme as normas que a seguir se articulan.

Norma 1ª.

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

Norma 2ª.

Para a adquisición de días aplicarase o seguinte sistema:

-Persoal mensual a quenda normal: 2 días.

-Persoal mensual a quendas: 3 días.

-Persoal mensual a 3ª quenda: 3 días.

-Persoal horario a quenda normal: 3 días.

-Persoal horario a quendas: 4 días.

-Persoal horario a 3ª quenda: 4 días.

Norma 3ª.

A conta dos días obtidos cada ano cérrase a última semana de decembro e seralle comunicada ós interesados antes do 15 de maio seguinte.

Norma 4ª.

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencia no ano superior a 15 días laborais.

Norma 5ª.

Para a perda de días aplicarase o seguinte baremo:

De 1 día a 5 días de ausencia: 1 día.

De 6 días a 10 días de ausencia: 2 días.

De 11 días a 15 días de ausencia: 3 días.

Máis de 15 días de ausencia: todos.

Norma 6ª.

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como determinadas circunstancias definidas no anexo I deste artigo.

Norma 7ª.

Os días xerados nun ano (A) segundo as presentes normas poderán ser utilizados como días de permiso

ou compensados economicamente, en todo ou en parte, durante o ano seguinte (A+1) e como máximo ata o 1 de maio do ano posterior (A+2). En todo caso, se en tal data quedasen días pendentes obrigatoriamente serán aboados.

Para a utilización dos días de permiso precisarase un aviso previo de 5 días laborais e poderanse tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

Norma 8ª.

Os beneficios previstos no premio de asistencia non se poderán acumular cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

Norma 9ª.

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborais.

Circunstancias que non se consideran ausencia para efectos do premio de asistencia no conxunto final do período:

Permiso por nacemento de fillo.

Permiso por matrimonio do traballador/a.

Permiso por matrimonio de fillos, irmáns, pais e netos.

Permiso por falecemento de pais, fillos e cónxuxe; avós, netos, irmáns, tíos e parentes por afinidade ata o 2º grao.

Baixa por accidente laboral.

Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais; avós, netos, irmáns e parentes por afinidade (sogros e avós políticos).

Permiso (con desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

Permiso por mudanza.

Permiso por premio de asistencia.

Citacións oficiais.

Designación como membro de mesa electoral.

Retención pola garda civil (incendios).

Paro técnico.

Permiso para exames oficiais.

Permiso para doazón de sangue.

Permiso por horas acumuladas (ou por recuperar).

Saídas inferiores a media xornada.

Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

Folga legal.

Artigo 16º.-Xornada laboral e vacacións.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual.

Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, os calendarios laborais e horarios vixentes son de aplicación do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo.

Para o persoal de mantemento e moldes establécense calendarios especiais. O dito persoal deberá traballa-los días que lle correspondan nos ditos calendarios, con independencia do número de horas, rotación de quendas, vacacións e descansos legais fixados con carácter xeral.

A empresa, por motivos de organización e productividade, poderá establecer modalidades de calendarios diferentes ós existentes, pactando as condicións co comité de empresa cun mes de anticipación á súa aplicación.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar na quenda normal, nos servicios e talleres destas últimas estableceranse, ó criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que esten aprecien.

Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborais.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Nacemento de fillo: 3 días laborais que se poderán desfrutar dentro dos quince días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento serán 4 días.

-Falecemento:

Pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

De tíos do traballador e de tíos do cónxuxe: 1 día natural.

De cónxuxe dos irmáns políticos: 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes cinco últimos casos corresponderá un día natural máis.

-Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

-Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos, 1 día natural.

-Traslado de domicilio habitual: 1 día laborable.

-Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento inescusable de carácter público e personal, con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na Ordenanza laboral química e a Lei do Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, tendo transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu ingreso, admitirá a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá pedir que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen das solicitudes de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Licencias sen soldo.

Excepcionalmente a empresa concederá licencias sen soldo por un período de tempo máximo de tres meses ós traballadores fixos do cadro de persoal, cunha antigüidade de 6 meses nela e por motivos de carácter excepcional debidamente xustificados, tales como enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais.

Estas licencias sen soldo concederanse sempre e cando o total das concedidas non supere o número de dúas para o grupo das categorías de peón, especialistas e especialistas cualificados e o número dunha para o grupo do resto das categorías.

Para ter dereito a unha nova licencia sen soldo deberán transcorrer, como mínimo, dous anos completos desde a data de remate da anterior.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser estimados, provisionais e definitivos. Ó pórse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente despois de que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipamentos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de pezas por transporte, recuperación de pezas defectuosas, etc.

Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos. Nos casos de discrepancia individual aplicarase o disposto no artigo 5 e 6 da Ordenanza de traballo para a industria química.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as «compensacións de aprendizaxe».

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen supera-lo Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio producido se produciu despois dos seis primeiros días da quincena ou dura menos de seis días impedíndolle ó operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena o Kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo e, para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este «solicitudes de crédito de aprendizaxe» diarias, en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas «solicitudes» seranlle aboadas, así mesmo, ó Kb medio que obteña o grupo, ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa traballase no dito grupo e ata un máximo de corenta horas nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima e, nas cadeas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb= 0,75, equivalente a 45 minutos/horas, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, alínea e) do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, o que este viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º, alínea e) do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, sobre todo se como consecuencia disto se deriva escándalo ou se producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comisión pari

taria de tempos composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

De entre e polos compoñentes da comisión elixirase un presidente e un secretario, cargos que deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos titulares da dita comisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións, ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa de calquera das dúas representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias coma extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de anticipación, con indicación de lugar de reunión, día, horas e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de tódalas reunións que celebre ó comité de empresa e á dirección desta.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 25º.-Salarios.

O 1 de xaneiro de 1997 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 2,6%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre salarios e primas.

a) Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio que, con carácter de mínimo, corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Peóns ordinarios 433,60 ptas. brutas/H.

Peóns especializados 445,00 ptas. brutas/H.

Especialistas 456,40 ptas. brutas/H.

Especialistas calificados 467,62 ptas. brutas/H.

Esp. Cal. xefe equipo 487,61 ptas. brutas/H.

Oficiais de 3ª 535,78 ptas. brutas/H.

Oficiais de 2ª 562,83 ptas. brutas/H.

Oficiais de 1ª 589,06 ptas. brutas/H.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 2,6%, sobre as existentes o 31-12-1996.

Táboa de retribucións mínimas

Grupo administrativo

Xefe administrativo 1ª 3.187.825 ptas. brutas/ano

Xefe administrativo 2ª 2.833.497 ptas. brutas/ano

Oficial administrativo 1ª 2.550.148 ptas. brutas/ano

Oficial administrativo 2ª 2.160.544 ptas. brutas/ano

Auxiliar administrativo 1.983.449 ptas. brutas/ano

Grupo técnico-Técnico de taller

Contramestre 2.833.497 ptas. brutas/ano

Encargado 2.550.148 ptas. brutas/ano-Técnicos de organización

Xefe organización 1ª 3.187.825 ptas. brutas/ano

Xefe organización 2ª 2.939.753 ptas. brutas/ano

Técnico organización 1ª 2.656.404 ptas. brutas/ano

Técnico organización 2ª 2.408.478 ptas. brutas/ano

Auxiliar de organización 2.178.255 ptas. brutas/ano-Técnicos titulados

Enxeñeiro 2.833.497 ptas. brutas/ano

Licenciado 2.833.497 ptas. brutas/ano

Enxeñeiro técnico 2.408.478 ptas. brutas/ano

Graduado social 2.408.478 ptas. brutas/ano

Artigo 26º.-Complementos de puntualidade e prima de asistencia.

Para tódalas categorías de persoal horario a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais sobre as horas extraordinarias, pero aumentando o seu valor para 1997 a 17,33 ptas. brutas/hora.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para 1997 será de 32.358 ptas. brutas/ano, sendo as súas normas de aplicación as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 27º.-Primas de producción directa.

As primas de producción directa devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 30º deste texto, seguindo o criterio:

O minuto producido terá un valor de 4,8833 ptas. ata 54 minutos/hora (Kb, 090) e de 5,3074 ptas. para os minutos hora que excedan de 54 ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Ata Kb 0,90 prima= 292,9958xKb ptas./hora.

Desde Kb 0,91 prima= 318xKb-22,9034 ptas./hora.

Artigo 28º.-Primas de producción indirecta.

(Tarifa fixa-mantemento-moldes).

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora= 219,3435xcoeficiente+84,0673 ptas./H.

Artigo 29º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 30º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb= 0,75, cos valores seguintes:

1 0,0767 ptas./minuto producido.

2 0,1336 ptas./minuto producido.

3 0,2682 ptas./minuto producido.

4 0,5157 ptas./minuto producido.

5 0,7264 ptas./minuto producido.

6 1,0107 ptas./minuto producido.

7 1,2570 ptas./minuto producido.

8 1,5398 ptas./minuto producido.

9 1,8237 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación do posto establécese en:

Para regradores especialistas= 94,1811 ptas./hora.

Artigo 30º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos de descanso ó valor mínimo garantido (Kb= 0,60) no persoal afectado.

c) Vacacións (30 días) ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal (25 días) ou a súa proporción, nos tres últimos meses traballados.

Así mesmo aplicaranse sobre as horas de licencias retribuídas conforme o artigo 17º. Para os apartados c) e d) así como para as licencias retribuídas, aplicaranse os valores promedios das primas de producción obtidas nos últimos tres meses traballados.

Artigo 31º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécense cos seguintes valores:

Peóns ordinarios 189,46 ptas. brutas/H.

Peóns especializados 199,36 ptas. brutas/H.

Especialistas 209,27 ptas. brutas/H.

Especialistas calificados 209,27 ptas. brutas/H.

Esp. cal. xefe equipo 218,22 ptas. brutas/H.

Oficiais de 3ª 233,42 ptas. brutas/H.

Oficiais de 2ª 242,29 ptas. brutas/H.

Oficiais de 1ª 249,48 ptas. brutas/H.

Artigo 32º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Será aumentada a contía das primas, pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 17,39 ptas. brutas/hora.

Artigo 33º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento de traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no trinta e cinco por cento do salario base.

Artigo 34º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 1997 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

-Persoal horario: 7,45 ptas. brutas/hora.

-Persoal mensual: 25,335 ptas. brutas/ano.

Artigo 35º.-Complementos por xornada a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal que traballe en quendas rotativas de mañá e tarde ou noite.

Devengarase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas polo concepto prima de producción nas pagas extraordinarias e nas vacacións. O valor fíxase en 8 ptas. brutas/hora.

Artigo 36º.-Horas extraordinarias.

O valor da hora extraordinaria será de 0,80 ptas. por cada 1.000 ptas. do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de producción, se é o caso, que individualmente corresponda.

A empresa deberalles comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha anticipación suficiente e, cando menos, deberase efectuar 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e productivas o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 37º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborais e 5 festivos cada unha delas.

A empresa aboará as pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal, completas, a tódolos traballadores que estivesen en situación de ILT no semestre anterior, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 38º.-Revisión salarial.

Procederase a unha revisión salarial a partir do mes en que o IPC supere o 2,6%. A dita revisión salarial farase efectiva unha vez se constate fidedignamente o 31-12-1997 tal circunstancia polo INE (Instituto Nacional de Estatística). Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios para 1998.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 39º.-Formación.

Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, continuará potenciando as súas accións de formación destinadas ó conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de producción e ós novos métodos de organización e xestión.

O plan establecido para 1997 prevé cubri-las seguintes áreas:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Recursos humanos.

-Técnicas específicas do taller.

-Idiomas.

-Prevención de riscos laborais.

-Formacións específicas e outras.

A asistencia ós diferentes cursos virá determinada pola necesidade de proporcinarlle ó persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemento eficaz das súas funcións e unha correcta adaptación á evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionará trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación.

Artigo 40º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá 1.000.000 de ptas. durante 1997 destinadas a bolsas de estudio, coa seguinte distribución:

A definir:

-Pesetas para carreiras superiores.

-Pesetas para carreiras medias.

-Pesetas para BUP e COU.

-Pesetas para estudios EXB+FP 1º e 2º grao.

-Pesetas outros estudios (a criterio da comisión).

No caso de quedaren bolsas de estudios sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo da matrícula e a factura dos libros e materiais de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por catro membros do comité de empresa e catro representantes da dirección, que actuará segundo as normas que a propia dirección estableza, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 41º.-Vivendas.

Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, mantén o fondo de 8.000.000 de ptas. como dotación para préstamos destinados á adquisición, construcción e reparación de vivenda propia que se utilice ou vaia utilizar como domicilio familiar, dando preferencia ás vivendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 1.000.000 de ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos.

-Xuro: 3,5%.

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familiar e as normas para a súa concesión.

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa en voto de calidade.

Artigo 42º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta do seu centro de traballo.

Artigo 43º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal fixo e eventual da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de incapacidade laboral transitoria.

Acórdase, así mesmo, que a súa cobertura se estenda ata o máximo previsto no art. 131.bis 2 da Lei da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro, como situación legal de invalidez provisional. Para isto é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finalización do prazo de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 44º.-Mutualidade de previsión social.

A aportación da empresa á mutualidade Labauto-Allibert Ourense de Previsión Social, durante a vixencia do presente convenio colectivo, será a resultante de multiplica-lo número de efectivos de Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, pola aportación por efectivo correspondente ó outro socio protector, Labauto Ibérica, S.A.

Artigo 45º.-Economato.

Aboaráselle a cada traballador fixo do cadro de persoal a suma de 29.084 ptas. brutas anuais, máis un complemento de 31.287 ptas. anuais como compensación pola supresión do economato laboral. Estas cantidades actualizaranse cada ano no tanto por cento de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Artigo 46º.-Prestación complementaria por incapacidade laboral transitoria.

Nas baixas por accidente laboral ocorrido durante o tempo de presencia na fábrica, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa e ata o vixésimo día de baixa, ambos incluídos, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas e no 100% do seu salario real individual.

Ó mesmo tempo, se a baixa o fose por accidente in itinere, enfermidade ou accidente non laboral, sempre e cando exista hospitalización do traballador, a empresa aboará desde o primeiro día de hospitalización e ata o vixésimo día de baixa, ambos incluídos, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas e o 100% do seu salario real individual.

Artigo 47º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1997 un sistema de venda de vehículos fabricados por Citroën e comercializados pola súa rede, coas seguintes condicións xerais:

Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Allibert Indus

tria, S.A., fábrica de Ourense polo concesionario de Citroën Ourense.

Entrada: mínimo dez por cento do prezo ó traballador.

Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagamentos de igual contía).

Xuro: 8%.

Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (12 mensualidades actualmente).

Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Modalidades de financiamento:

A) Un único crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos, á escolla do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos por ano.

B) Igual que a modalidade anterior en canto ó prazo, pero establecéndose dous créditos.

1. Un, con amortización do seu principal máis xuros en cada un dos pagamentos do prazo elixido

2. Outro, equivalente ó valor residual do vehículo segundo baremo, con amortización única do seu principal xunto ó último pagamento do prazo elixido e aboamento en cada pagamento dos seus xuros.

Este sistema é aplicable así mesmo a vehículos de ocasión segundo a modalidade de financiamento A), pero a un prazo máximo de 4 anos (48 pagamentos).

Artigo 48º.-Vehículos.

Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense para 1997 manterá o fondo de tres millóns (3.000.000) como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos novos ou usados de fabricación española e comercializados por Citroën ou Renault.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 4 anos.

-Xuro: 6%.

Para a concesión dos ditos préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante e a súa antigüidade na empresa; daráselle preferencia ós traballadores que carezan de vehículo sobre os que o teñan, así como a aqueles ós que a empresa non recolla o seu vehículo usado sobre aqueles ós que lles sexa recollido.

Os beneficiarios destes préstamos non se poderán acoller ó sistema de financiamento previsto no art. 47.

Durante 1997 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e por outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 49º.-Prevención de riscos laborais.

O comité de seguridade e saúde laboral e a dirección da empresa serán os encargados de velar polo cum

primento da Lei de prevención de riscos laborais e de calquera outra lexislación nesta materia. Para isto Allibert Industria, S.A., fábrica de Ourense, preverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores para mellora-la calidade de vida, as condicións de traballo e a formación en materias preventivas de riscos laborais.

A Lei 31/1995, do 8 de decembro, constitúese como a norma báisca de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais e ó mesmo tempo manterase como principio de xestión da seguridade en toda a fábrica a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións, con este fin, para tódolos sectores e coa colaboración tanto dos delegados de prevención como dos servicios de prevención, elaborarase un plan de prevención.

Funcións do comité de seguridade e saúde laboral.

O comité entenderá daqueles problemas referentes á seguridade e saúde laboral, como son:

Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais para poder detecta-los postos en que se producen e as condicións que os crean, así como coñece-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, con obxecto de evitar uns e outros, e nos casos graves e especiais, practica-las informacións correspondentes.

Solicitar, a través do servicio de seguridade, do persoal directo, técnico e mandos intermedios da empresa, que prohíban ou paralicen, se é o caso, os traballos en que advirtan perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para os evitar.

O comité de seguridade e saúde laboral terá dereito a estar asistido dentro da fábrica polos técnicos do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene para o estudio de calquera problema.

Así mesmo, poderá recadar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos o estudios dos cales se necesite realizar.

Reunións.

O comité de seguridade e saúde laboral reunirase mensualmente para analiza-las situacións observadas polos delegados de prevención na fábrica ou sectores dela, especialmente sobre materias de riscos potenciais, equipos de protección persoal e prácticas inseguras. E ó mesmo tempo para analiza-lo grao de cumprimento do plan anual de prevención.

Tamén se poderán reunir por iniciativa ben da dirección da empresa ou dos delegados de prevención.

Plan de formación.

O plan de formación da empresa incluirá a formación teórico-práctica necesaria en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo

ou funcións que se desempeñarán. Prestarase especial atención ó persoal de nova incorporación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para a industria química, do 24 de xullo de 1974, aplicarase a título de dereito dispositivo en tanto que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalide algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto e deberá ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que as partes contratantes se reunirán a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Reclamacións previas.

Como parte das estipulacións do presente convenio colectivo, ámbolos contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta todas aquelas cuestión de incidencia colectiva e que poidan ser susceptibles de reclamación administrativa ou xurisdiccional.

Cuarta.-Mellora de emprego.

Ámbalas partes acordan, unha vez que entre en vigor a nova normativa ou reforma sobre o emprego e contratación, reunirse para estudia-los novos sistemas de contratación do persoal eventual e a súa posible posta en práctica no ámbito deste centro de traballo.

Dos acordos tomados enviarase notificación á autoridade legal competente para o seu rexistro e depósito.

ANEXO I

A) Relación de pluses non previstos no convenio:

-Complemento festivo:

Xornada laboral en festivo: 500,000 ptas./H.

Xornada laboral en festivo extra: 370,40 ptas./H.

-Complemento por descanso en recuperación voluntaria: 591,08 ptas./H.

-Correquenda: 15,48 ptas./H.

-Complemento de voluntariedade de quenda fixa noite: 131,64 ptas./H.

B) Outros acordos:

B1. Para 1997 a empresa concederá un día de premio de asistencia a tódolos os traballadores, que se perderá coa primeira falta ó traballo, aplicando para isto o dispuesto na norma 6ª do artigo 15º do presente convenio.

B2. Para o ano 1997 a empresa aboará o importe de 12.240 ptas. a todo o persoal fixo do cadro en concepto de compensación pola supresión do economato. A dita cantidade pasará con data 1-1-1998 a formar parte da masa salarial de todo o persoal.

Ourense, 28 de abril de 1997.

4320