Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de urbanización das rúas perimetrais da antiga cadea da Parda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: a comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización das rúas perimetrais da antiga cadea da Parda.

b) Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ó da constitución da garantía definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 46.032.941 ptas., incluídos todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 920.659 ptas.

b) Definitiva: 1.841.318 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: unidade de contratación e patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra, 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

GrupoSugrupoCategoría

A1 e 2c

C2 e 6c

E1 c

G4 e 5c

I1 c

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 de 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador vén obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro mércores seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación de ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 26 de maio de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral