Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

EDICTO.

O Pleno deste Concello, na sesión celebrada o 30 de abril de 1997, acordou, por unanimidade, aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipais.

Esta aprobación leva consigo a suspensión da concesión de licencias para aquelas áreas obxecto das reformas, segundo establece o artigo 120 do Regulamento de planeamento.

O expediente queda sometido á exposición pública, na secretaría do concello, durante o prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado e presentárense as alegacións que se consideren oportunas, de acordo co disposto no artigo 128 do Regulamento de planeamento.

Miño, 7 de maio de 1997.

Deogracias Romeu López

Alcalde

97-4448