Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación urxente por poxa, procedemento aberto, da obra de reforma e mellora no edificio da Casa do Concello.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a reforma e mellora do edificio da Casa do Concello da Estrada, incluídos no proxecto. Prazo de execución: ata o 4 de setembro de 1997.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa. Tipo de licitación: 7.000.000 de ptas. Garantía provisoria: 2%. Garantía definitiva: 4%.

Obtención de documentación e información chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 57 01 65 extensión 15.

Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, por ter carácter urxente, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, de 9 a 13 horas.

Documentos que hai que presentar:

Sobre 1. Modelo de proposición. Documento xustificativo da personalidade. Declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar, conforme os artigos 15 ó 20 da Lei 13/1995. Xustificante de ter constituída a fianza provisional. Xustificante de alta no IAE. Xustificante da solvencia económica e financeira á que se refire o artigo 15 e seguintes da Lei 13/1995.

Sobre 2. Oferta económica adaptada ó modelo.

Apertura de ofertas: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 3 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

97-3772