Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO para a contratación urxente por poxa, procedemento aberto, da obra do proxecto de acondicionamento de frontón, pista polideportiva cuberta, segunda fase.

Obxecto do contrato: a realización da obra proxecto indicado, redactado polo arquitecto técnico municipal, Ramiro Goldar.

Tipo de licitación: 10.974.528 pesetas á baixa. Prazo de execución: catro meses. Prazo de garantía: un ano.

Fianzas: a provisoria o 2%, a definitiva o 4%.

Presentación de plicas: entre as 9 e 13 horas durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG; de ser inhábil ou sábado o último día, trasladaríase ó seguinte primeiro día hábil.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica e coa inscrición Proposición para tomar parte na poxa de proxecto de acondicionamento de frontón e, respectivamente, Documentación e Oferta económica.

Apertura de plicas: terá lugar ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación; se fose sábado, trasladaríase ó día seguinte hábil.

Documentación: a sinalada no prego de condicións.

Modelo de proposición.

D..., veciño de ..., con enderezo en ..., en nome propio (ou en representación de ...), informado do anuncio para a execución da obra Proxecto de acondicionamento de frontón, 2ª fase, estando a face-lo depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de ... (en letra) pesetas.

Pregos íntegros poden verse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e facilitaranse copias a quen o solicite.

A Estrada, 3 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

4450