Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición de determinadas licencias de software para PC.

Obxecto: adquisición polo IGVS de determinadas licencias de software para PC.

Orzamento: seis millóns (6.000.000) de pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: un (1) mes.

Garantía provisional: cento vinte mil (120.000) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas corenta mil (240.000) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será aboado polo adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

4435