Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición da subministración de equipos de audio e traducción simultánea polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: (981) 54 66 17; fax: (981) 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: adquisición de equipamento audio e traducción simultánea.

3. Orzamento base de licitación:

Orzamento: seis millóns trescentas sesenta e sete mil novecentas oitenta e dúas (6.367.982).

Aplicación orzamentaria: 10.03.353B.628.2

4. Prazo de execución:

Un mes desde a data da sinatura do contrato.

5. Fianzas:

Provisional: cento vintesete mil trescentas sesenta (127.360).

Definitiva: duascentas cincuenta e catro mil setecentas vinte (254.720).

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas.

Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso. 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o vixésimo sexto día natural, ás catorce horas, se o último día fose inhábil se prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

11. Apertura de proposicións:

Terá lugar en acto público, nas salas de xuntas de la Consellería de Cultura e Comunicación Social ás 12 horas do décimo día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados, se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

4151