Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 11 de xuño de 1997 Páx. 5.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de incendios forestais, devolto polo servicio de correos. (Expediente IF 8/1997).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto

3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 12 de maio de 1997.

Fernando Rengifo Méndez-Núñez

Instructor do expediente

ANEXO

-Expediente: IF 8/1997.

Denunciado: La Decoración.

DNI: E-27148477.

Último enderezo coñecido: Ronda da Muralla, 103, Lugo.

Feitos imputados: depositar lixo no monte (cartóns, botes de pintura, plásticos, etc.), susceptibles de ser un posible foco de iniciación de incendio forestal.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

4221