Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental da ampliación do porto de Sanxenxo para instalacións náutico-deportivas.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta (30) días hábiles, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental da concesión administrativa de ampliación do Porto de Sanxenxo para instalacións náutico-deportivas solicitada por Nuria Davila Pérez en representación de Construcciones Davila, S.A.

Para os efectos informativos, porase á disposición dos administrados un exemplar do estudio nas oficinas deste Ente Público Portos de Galicia, sitas na Praza Europa, 5 A-6º. Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. As alegacións poderán formularse durante o prazo sinalado, nas oficinas mencionadas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

4227