Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 21 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución do delegado provincial de Lugo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 18 de novembro de 1996.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domi

cilio coñecido a resolución do recurso ordinario nº LU-0864/1996, interposto contra resolución do delegado provincial de Lugo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 18 de novembro de 1996, pola que se lle impón unha sanción de 80.000 ptas., pola comisión dunha infracción en materia de horarios de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Pub Perestroika do concello de Monforte de Lemos (Lugo); da que súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso ordinario nº LU-864/1996 interposto por Ángel Salgado Lemos, con DNI 34.258.922, contra resolución do delegado provincial de Lugo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 18 de novembro de 1996, pola que se lle impón unha sanción de 80.000 ptas., pola comisión dunha infracción en materia de horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Pub Perestroika de Monforte de Lemos (Lugo), declarando firme a resolución recorrida e proceder, en consecuencia, ó arquivo do expediente.

O importe da sanción deberá ingresarse a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobro pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Non obstante o anterior, contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, deberá comunicalo previamente ó órgano que o adoptou, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente.

E para que conste e sirva de notificación, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

4418