Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (65/1996-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas arriba indicado, seguido sobre a falta de lesións, como denunciante, David Soto Blanco e, como denunciado, Roberto Fernández Vila, se dictou sentencia, e a súa decisión di como segue:

Que debo absolver e absolvo a Roberto Fernández Vila e a Manuel Nieto Iglesias, da presunta falta a que se refire o presente procedemento, e declaro as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó denunciado Roberto Fernández Vila, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o tres de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4503