Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (95/1996).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros

e o seu partido xudicial, fai saber: que no xuízo de faltas seguido neste xulgado co número 95/1996 se dictou a seguinte sentencia, cun encabezamento e decisión que son do seguinte teor:

En Muros, 11 de marzo de 1997. Vistos por Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas tramitados co nº 95/1996, por presunta falta de insultos e ameazas, e no que foron partes o Ministerio Fiscal que exerceu a acción pública; como denunciante, María del Carmen Ramos Formoso, maior de idade, veciña de Muros, con domicilio en Valdexería nº 34, que non compareceu no acto de xuízo malia estar citada en legal forma; como denunciados, Manuel Severino Lago Rama e María José Pérez Rocha, ambos maiores de idade, con domicilio descoñecido; dictou a seguinte sentencia, da cal é decisión:

Que debo absolver e absolvo a Manuel Severino Lago Rama e a María José Pérez Rocha de responsabilidade criminal polos feitos obxecto destas actuacións, e declaro de oficio as custas procesuais. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado e para a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación a Manuel Severino Lago Rama e María José Pérez Rocha, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

97-2909