Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación Empresarial Gallega de Transportes de Viajeros en Autocar (Transgacar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 16 de maio de 1997, certificación expedida polo secretario da dita asociación, José García Cumplido, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o día 16 de setembro de 1996, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó cambio de domicilio social que pasa a ser: Ramón Cabanillas, 5-7 2º B, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4108