Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Propietarios e Criadores de Galicia do Cabalo Galego de Monte.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Propietarios e Criadores de Galicia do Cabalo Galego de Monte que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos propietarios e criadores de gando equino, sexan persoas naturais ou xurídicas en por si ou a través da súa representación.

Asinan a acta de constitución: Álvaro Miniño Rodríguez e 5 persoas máis.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4355