Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de alimentación enteral (contrato plurianual) (C.P. 118/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os

trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): contratación da subministración de alimentación enteral.

Orzamento total: 124.185.584 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os proveedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 23 lotes (desde A-V), que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote A. Réxime hipercalórica c/M.C.T.: 10.000.000 de ptas.

Lote B. Réxime hipercalórica s/M.C.T.: 5.819.104 ptas.

Lote C. Réxime hiperproteica/hipercalórica c/W3: 13.007.400 ptas.

Lote D. Réxime hiperproteica c/fibra: 402.100 ptas.

Lote E. Réxime hiperproteica c/M.C.T.: 6.000.000 de ptas.

Lote F. Réxime normocalórica c/glutamina: 1.346.400 ptas.

Lote G. Réxime normocalórica c/M.C.T.-25%.: 19.200.000 ptas.

Lote H. Réxime normocalórica c/M.C.T.-50%.: 3.763.800 ptas.

Lote I. Réxime normocalórica/hiperproteica c/Arxinina.: 10.500.000 ptas.

Lote J. Réxime normocalórica c/fibra.: 1.418.400 ptas.

Lote K. Réxime normocalórica baixa en Na.: 4.258.500 ptas.

Lote L. Réxime normoproteica c/M.C.T. e fibra.: 11.000.000 de ptas.

Lote M. Réxime normoproteica s/M.C.T.: 1.781.880 ptas.

Lote N. Réxime normoproteica p/diabéticos: 11.760.000 ptas.

Lote Ñ. Suplemento alto en proteínas e lípidos: 1.500.000 ptas.

Lote O. Suplemento baixo en Na.: 604.800 ptas.

Lote P. Suplemento calórico: 1.468.000 ptas.

Lote Q. Suplemento calórico s/lactosa: 5.500.000 ptas.

Lote R. Suplemento proteico c/lactosa: 10.910.500 ptas.

Lote S. Suplemento proteico s/lactosa: 2.950.000 ptas.

Lote T. Suplemento lípidos c/M.C.T.: 432.000 ptas.

Lote U. Suplemento c/glutanina: 87.500 ptas.

Lote V. Réxime completa infantil: 475.200 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio da Unidade de Dietética.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 30 de xuño de 1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 7 de xullo de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña. Planta baixa do hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: Sala de Xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 18 de xullo de 1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamento en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do proveedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo proveedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

-Oferta económica (prezos): 50%.

-Cumprimento das características e especificacións: 50%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 15 de maio de 1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 12 de maio de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

97-4344