Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de maio de 1997 de notificación de requirimento de pagamento conta 80 do expediente C-1-CD/79.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a Mariano Barreiro García e herdeiros con domicilio no polígono de Elviña 2ª fase, zona O Birloque, bloque 2-10º D na Coruña (conta 80, expediente C-1-CD/79), de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes que ascenden a 288.466 ptas.

Por aplicación do artigo 142 do regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, no caso en que proceda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non resulten pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

4103