Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.408

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública de dúas propiedades do Estado-Ramo de Defensa, sitas en Lugo e A Coruña.

1. Residencia de oficiais.

Situada na rúa Mallorca, número 16 da cidade de Lugo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Lugo, tomo 650, folio 231, predio 18.352, inscrición 1ª.

Superficie segundo rexistro 715,75 m, superficie construída 1.180 m. Solo urbano.

Cantidade tipo para a poxa: 77.520.000 ptas.

Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructura da Defensa na data do 11 de xullo de 1996.

2. Punta do Seixo Branco.

Situada na parroquia de San Xulián de Serantes, concello de Oleiros (A Coruña), accédese a ela a través dunha pista desde o lugar de Mera, construída polo Ramo de Guerra e que non está incluída na propiedade obxecto da poxa. Inscrita no Rexistro da Propiedade número tres da Coruña, no libro 233 de Oleiros, no folio 73, predio número 20.339, inscrición 1ª.

Superficie: 21.968 m. Solo urbanizable.

Cantidade mínima para a poxa: 7.469.120 ptas.

Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta a dispor da Xerencia de Infraestructura da Defensa con data do 27 de maio de 1993.

Características físicas, urbanísticas e usos das dúas propiedades: as que figuran nos pregos que rexen para a poxa.

O acto de poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto na Xerencia de Infraestructura da Defensa, rúa Princesa, 32, Madrid, o día 30 de xuño de 1997, a partir das 10.30 horas.

Información e pregos de condicións: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, rúa Princesa, 32, Madrid, teléfono (91) 542 08 09; nas oficinas da Delegación da Xerencia de Infraestructura da Defensa na Coruña, rúa Costa da Palloza, 1-2º, local 7, teléfono (981) 13 23 18 e na Delegación de Defensa en Lugo, rúa San Fernando, s/n, teléfono (982) 24 21 11.

Madrid, 27 de maio de 1997.

Jesús Melgar Fernández

Director-xerente de Infraestructura da Defensa