Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización rúa Julián Estévez, 22 (expediente 3969/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de maio de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización na rúa Julián Estévez, 22, redactado polo arquitecto Roberto laguna Fondovila, e a documentación visada polo COAG e co informe emitido polos servicios técnicos municipais os días 15 de outubro de 1996 e 11 de abril de 1997, condicionando a súa execución á totalidade do tramo do proxecto.

Sométese á información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o último anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo a disposición do público, planta baixa do concello.

Vigo, 27 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4278