Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa aberta e trámite de urxencia, das obras que se citan (clave RC-AC-97.16 e tres máis).

A) Obras:

Clave: RC-AC-97.16.

Título: arranxo de fochos AC-230 ramal N-VI a Curtis, AC-231 ramal N-VI a Sobrado, AC-232 cami

ño de Corredoiras a Sobrado e AC-233 camiño de Sobrado a Friol.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e tres mil seiscentas trinta pesetas (24.993.630 ptas.).

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas noventa e nove mil oitocentas setenta e dúas pesetas (499.872 ptas.).

Clave: RC-AC-97.17.

Título: limpeza de fochas e arranxo de fochas en AC-223 Travesas-Xanceda e AC-224 Ordes-Lanza.

Orzamento: doce millóns trescentas noventa e dúas mil seiscentas dezaseis pesetas (12.392.616 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: duascentas corenta e sete mil oitocentas cincuenta e dúas pesetas (247.852 ptas.).

Clave: RC-AC-97.18.

Título: pavimentación da glorieta das Cascas, selado de fisuras no pavimento e limpeza de beirarrúas; C-540 Betanzos-Agolada e C-542 Betanzos-Mesón do Vento.

Orzamento: oito millóns setecentas vintedúas mil novecentas catro pesetas (8.722.904 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: cento setenta e catro mil catrocentas cincuenta e oito pesetas (174.458 ptas.).

Clave: AC-97-156 C Negreira.

Título: afirmado e pavimentación de camiños nas parroquias de Broño, Zas, Logrosa, Portor, Negreira e Covas.

Orzamento: dezasete millóns oitocentas oitenta e cinco mil setecentas corenta e nove pesetas (17.885.749 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: catro meses.

Fianza provisional: trescentas cincuenta e sete mil setecentas quince pesetas (357.715 ptas.).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo

2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

F) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

G) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primero día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de maio de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

4192